Radiofusion público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
En Xaneiro do 2007 presentouse o espectáculo da compañía de Danza GS21, "Isolma". Baixo a dirección de Oscar e Serxio Cobos esta formación acercou un novidoso punto de vista en torno ao baile e música de raíz. Froito de ese traballo naceu o Cd do mesmo nome que o espectáculo "Isolma", no que participaron máis de 10 músic@s cunha ampla traxectoria d…
  continue reading
 
Timparrantela é unha recente formación musical feminina nada en Ourense. Con composicións de Olga Brañas, letras de diferentes poetas galegas e galegos e arranxos musicais de Pedro e Pablo Pascual (Marful), a súa banda está formada por: Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxofón)…
  continue reading
 
De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquietudes de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da península ibérica, América Latina ou o Magreb. Oito músicas e músicos que se xuntan para ensinar a súa forma de manter c…
  continue reading
 
Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vincula…
  continue reading
 
Este grupo “pontevedrés” nacido en xuño de 2011 con motivo da súa participación no Vl Festival Folk de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de conseguir a interacción co público. Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta. Un proxecto fro…
  continue reading
 
Este peculiar cuarteto, o único composto por seis membros do que se ten noticia, supón unha das estreas máis interesantes na nosa música dos últimos anos. Inicialmente formado por catro clarinetes, tocados por Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu, -tamén Cándido Lorenzo estivo no grupo algún tempo-, e que abranguen toda …
  continue reading
 
Nos albores do século xx desenvolveuse no antigo concello de Lavadores un forte movemento asociativo e cultural que ía poñer as bases da música de gaita en toda a comarca viguesa. Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Manuel e Ángel Barciela, Miloroà sentaron os alicerces para que dous gaiteiros mozos, Manuel e José, os Oliveira B…
  continue reading
 
A Tajea é unha agrupación musical de Outes formada por 6 mulleres cun estilo propio, elas mesmas defínense como un grupo moi festeiro. Teñen gaita pero non son gaiteiras. Teñen pandeireta pero non son pandeireteiras, e todas cantan pero non son cantareiras. Este grupo de 6 mulleres poñen un aire novo e fresco á música tradicional. Os seus directos …
  continue reading
 
Un total de 15 temas compoñen este disco que leva por título Loitar Cantando. Recollen a gradecen temas de moitos músicos da Galiza e, tamén, poesías que dan letra ás súas músicas. Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Lanzán o seu primero traballo discográfico a finais de 2020 no arriscado momento da pandemia que todo o inunda…
  continue reading
 
No ano 1976 fuxan os ventos publicaban o seu primeiro disco titulado Fuxan os ventos, que se presentaba así: "Este feixe de cancións non quere ser máis ca o recordo e a dignificación dunha canción popular de hai anos xa, e un esbozo da canción galega de hoxe que, partindo de formas musicais galegas, non adormente senón que formule a realidade dunha…
  continue reading
 
Na Lúa é un grupo musical galego que podemos situar no folk, con algúns elementos do pop e o jazz. Naceu no 1980, co propósito de difundir, revalorizar e restabelecer a dignidade da música de Galicia. A crítica definiunos na súa primeira etapa coma "unha ponte harmónica entre a tradición e o futuro". Os seus compoñentes fundadores foron: Xosé Paz A…
  continue reading
 
BATEA naceu en Vigo no 2020. Foi fundada por exintegrantes de Virandeira, grupo folk que acumulou un centenar de actuacións e dous discos nos seus dez anos de existencia, Batea fusiona definitivamente os sons da gaita galega co xénero rock, conseguindo un sabor a rock celta instrumental, xa que á formación clásica dunha banda de rock súmanselle tre…
  continue reading
 
Xorima foi un dos grupos máis emblemáticos do folk galego dos anos oitenta. A formación, provinte da lacalidade luguesa de Vilalba, estaba composta por Xosé L. Pernas (tamboril, pandeiro, bombo, caixa, bodhram e birimbao), Queno Emil (guitarra acústica), Lalo Baamonde (gaita galega, frautas de pico, tin whistle, bombarda, ocarina e bouzouki), Xosé …
  continue reading
 
Barte Certo editou no ano 2001 o seu primeiro, e derradeiro, compacto. O traballo Projecto Entropía foi unha gravación en directo feita por Bate Certo o 10 de marzo de 2001 no Café Cultural Auriense. Bate Certo xa non existe como grupo, aínda que na súa traxectoria amosouse coma un dos prestixiosos grupos de música tradicional da Galiza. Con Projec…
  continue reading
 
Nova Xamaraina é unha Asociación Cultural que naceu no ano 1998 coma un agasallo de Reis que uns amigos decidiron facerse entre sí, xuntándose en torno a un tema común: A música Tradicional. Froito de todo isto, un ano despois viu a luz o seu primeiro traballo discográfico SON, co grupo de música tradicional “Xamaraina”. Con este disco pretenden am…
  continue reading
 
Sheila Patricia é unha das voces da nova canción de autora en Galicia. Filla dunha galega e dun arxentino descendente de asturianos. Podemos percibir toda esta mistura nas súas composicións, con rasgos característicos do folcrore de ambos lugares. Sempre arroupada dunha guitarra, instrumento que unifica os dous continentes. A contínua preocupación …
  continue reading
 
Volta e Dálle son un grupo de amigos apaixoados da música tradicional galega. Comezaron no ano 2007 creando un grupo de música tradicional e unha asociación cultural no concello de Mondariz, de onde son orixinarios case tódolos membros. Co paso dos anos, foron cambiando o seu repertorio, pasando dun máis tradicional a un repertorio baseado en pezas…
  continue reading
 
O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en Levaino! as dúas vertentes creativas que conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de tradición oral galega e pola outra, a do entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do Imperio Otomán. Xurxo Fernandes: “Levaino! é unha viaxe de autorrecoñecemento. En G…
  continue reading
 
Gaizca Project xurde da unión entre as pandereteiras galego-belgas Ialma, o trikitilari vasco Iñaki Plaza e o graller catalán Manu Sabaté. Despois de varios anos de encontros e colaboracións cos seus proxectos persoais, no 2018 deciden darlle forma a esta banda única e nese mesmo ano presentarona oficialmente no marco da Fira Mediterrània de Manres…
  continue reading
 
No ano 2007, na Pontraga, xorde un grupo de mozas dispostas a tomar o legado que lle ofrecían os máis vellos cantadores e bailadores da zona e converterse en herdeiras e transmisoras desta enorme fonte de cultura para as vindeiras xeracións. Nace, así, Bouba. Das máis vellas cantadores e bailadoras aprenderon o mellor; a alegría e a forza para defe…
  continue reading
 
A Banda de Gaitas Nova Era é o eixo fundamental da Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei, que foi creada a finais de 2014 por un grupo de músicos do Valle de Monterrei, que apostaron por un proxecto a nivel local co obxectivo de dinamizar a actividade musical da comarca de Monterrei, co fomento e divulgación da música galega. No an…
  continue reading
 
Fixe Trío é un proxecto musical vigués cuxos instrumentos principais son a guitarra, o cello e a voz, aínda que, como multiinstrumentistas, engaden ocasionalmente outros instrumentos como o violín, frautas e diversos instrumentos de percusión. No mundo sonoro de Fixe Trío pódense atopar retrincos de músicas de diferentes lugares: Galicia, Portugal,…
  continue reading
 
Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”, pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”. Ailá mergúllanos no universo folk; ou…
  continue reading
 
Hoxe compartimos na Rumboia este disco, donde a armónica de Arina cas trompas galegas de Che e Francis xunto a colaboradores coma Emilio do Pando, e máis amigos, interpretan varias pezas da nosa música tradicional. Che Vázquez e Francis Olivier, coñeceron a Arina nunha edición do festival de Pardiñas de Guitiriz. Ali o flechazo entre instrumentos f…
  continue reading
 
O Son do Río é un grupo de música tradicional que naceu arredor do ano 2010, e que recolle o seu nome pola súa relación próxima co río que atravesa a localidade da súa Mondariz natal. Como en cada ensaio "o son do río" estaba presente como banda sonora de fondo, naceu o nome da formación: 'O Son do Río', un grupo folk con música e voces, que a día …
  continue reading
 
Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores no ano 2010 froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles...din "a verdade é que leiramos ben", fixeron que se xuntaran para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que…
  continue reading
 
Cun pé na recuperación de ritmos, instrumentación e sonoridade da música tradicional galega e con outro na música electrónica de vangarda pero utilizando estruturas de canción pop, Baiuca soa a revolución e a resignificación dos códigos culturais máis representativos da cultura galega. ' Solpor' é o primeiro álbum do produtor galego: unha colección…
  continue reading
 
A Roda naceu no ano 1977 dun grupo de amigos que se xuntaba arredor dunha mesa, facendo a roda que lles dá nome. O primeiro traballo, homónimo, A Roda converteuse nun supervendas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega. Dous anos despois, gravaron o segundo disco, ‘…
  continue reading
 
O grupo de música tradicional Os Abrentes de Cerdedo naceu a partir dunha idea municipal. Fundouse no ano 1994, primeiramente como a asociación cultural, Os Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a Asociación Cultural Arxina quedando no seu lugar a A. C. Os Abrentes de Cerded…
  continue reading
 
Brath é unha banda lucense que no ano 1980 incorpora por primeira vez ao folk galego instrumentos que ata de aquela estaban reservados para o rock, como a batería e as guitarras eléctricas. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión, e con especiais influencias do rock progresivo. …
  continue reading
 
A banda de folk ourensá Mutenrohi foi unha das bandas de folk máis internacionais, a súa música contén elementos que combinan a tradición e cultura galega cun son céltico, moderno e actual. Tras numerosos anos de carreira, a banda gravou sete álbumes que repasan as historias e vivencias que acumularon no camino, e convertíronse nun dos grupos de mú…
  continue reading
 
Oscar Ibañez é un recoñecido Gaiteiro pontevedrés, docente e investigador. Ao longo da súa ampla carreira foi galardoado en numerosas ocasións, tanto en dixitación aberta como en pechada. É Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, en Arquivística, e ademáis de posuir o título de Grao Profesional LOE na e…
  continue reading
 
Unha das tendencias máis claras na música para a os máis cativos é a que tenta achegarlle a nosa tradición musical ás novas xeracións. Neste campo enmárcanse propostas coma as que realizou a Asociación de Gaiteiros Galegos, con discos coma O Quiquiriquí. Cantos para o Nadal o Pelo Gato 24 ou o Trece Lúas. E nesta mesma liña a Asociación Socio-Pedag…
  continue reading
 
A Señora Carmen erixiuse nos últimos anos da súa vida como unha das voces máis representativas da música tradicional galega. Foi fundadora e solista da agrupación de música popular Malvela, de Mos. Subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos, e desde aquel momento comezou unha aventura fantástica e entrañable. En 2007, con 8…
  continue reading
 
O dúo Verdegaio nace no ano 2005 co ánimo de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Verdegaio compóñeno Xabier Blanco (acordeón diatónico, melodeón e mandolina) e Alexandre Cadarso (gaitas e acordeón cromático). Ambos, ligados a música tradicional dende hai moitos anos, teñen viaxado coa súa música por toda a…
  continue reading
 
O grupo"Trasmundi" constitúese no ano 1998 froito da unión de tres músicos: Moisés Quintas - frautas, guitarra, mandolina e gaita, Rosa Gayoso -violín, zanfona e voz e Xosé Manuel Fernández- piano teclados e acordeón. Os tres profesores de Música e proveñentes de distintas formacións tanto folk como clásicas. Xuntos perfilan unha idea musical na pe…
  continue reading
 
O grupo ourensán Brañas Folk nace no ano 2002, un proxecto musical liderado liderado por Manuel Brañas despois da súa longa andaina coa célebre agrupación Arco da Vella, partícipe, xunto aos grandes nomes da música galega, do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta. No ano 2004 viu a luz o seu primeiro traballo discográfico …
  continue reading
 
Na primavera do ano 2010, botaba a andar no barrio vigués de Zamáns un proxecto musical con sabor galego: Virandeira folk. Unha banda de folk fusión que aposta pola mistura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da v…
  continue reading
 
Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1989 no que Xosé Oliveira, Fernando Costas, Xosé María Gutiérrez e Manuel Alonso fundaron o grupo e na gravación do seu primeiro di…
  continue reading
 
O cuarteto Faíscas do Xiabre formouse en Catoira no ano 1972. Logo de 2 anos de estudio e ensaio decidiron presentarse ao concurso celebrado nas Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, acadando o 2º premio ese ano, e o 1º premio no ano seguinte, no 1975. O cuarteto Faíscas do Xiabre estaba composto polos gaiteiros Xosé Vicente Ferreirós e Na…
  continue reading
 
O grupo vigués Arxe fai unha viaxe inspiradora polas músicas galegas de raíz ó través dos sentidos, conectando coa enerxía e tradición dos nosos devanceiros, coa a súa música, os seus cantares... Arxe utiliza esta música de raíz combinada coa música de autor para crear o seu propio selo. Bebe da raíz da música tradicional coma unha árbore se nutre …
  continue reading
 
O grupo folc "Lenda Ártabra" naceu na cidade de Ferrol a finais do ano 2013. Músicos que chegaban doutras formacións decidiron iniciar un novo proxecto que marcara a diferenza coas outras bandas da cidade. Un coidado especial na composición e na recollida das letras das cancións, unhas liñas melódicas marcadas polos sons tradicionais e unha mestura…
  continue reading
 
Un repertorio a base de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior é a tarxeta de presentación da banda ourensá TOR, un proxecto longamente madurado que viu a luz no ano 2018. Esta banda está formada por Felix Castro, encargado dos sons da concertina, acor…
  continue reading
 
Xoan Carlos Rilo naceu en Baracaldo (Bizcaia), e iniciouse nos estudos de gaita aos sete anos, no Centro Galego de Llodio (Álava) e na Casa de Galicia de Bilbao, onde o seu pai era mestre gaiteiro. Sendo aínda moi neno, ten acompañado a grupos como “Os Brisas da Coruña”, “Xiada”, e “Os Tempranos de Eirís” aprendendo gran parte dos seus repertorios.…
  continue reading
 
No ano 2003 os gaiteiros David Bellas García e Xesús Riveira Campillo fundan o cuarteto “O Chupacabras” coa finalidade de presentarse a concursos e dar a coñecer pezas da súa propia autoría. Despois duns anos de parón, o cuarteto retoma o traballo co mesmo nome pero con diferente formación no ano 2007, contando na percusión con Rafa Crespo Crespo e…
  continue reading
 
O grupo de gaitas e treboada “Airiños Novos de Pinzás” naceu no seo da Asociación Veciñal e Cultural de Pinzás, en Tomiño, Pontevedra. As orixes deste grupo remóntanse ao 2002, ano no que se constitúe esta agrupación co fin de promover e fomentar actividades sociais, culturais e de lecer tradicionais galegas para todos os públicos, así como para ma…
  continue reading
 
Os camiños da vida e da música tradicional xuntaron a Os escaravellos en maio do 2017 para ir tocar ó serán de Sabarís, Baiona, e dende aquela decidiron continuar xuntos e traballar para ter a súa presentación oficial xa en setembro do mesmo ano. Dende aquela, non deixaron de compoñer melodías, tocar e cantar, facendo aquelo que máis lles gusta. Os…
  continue reading
 
Obal trae a sùa música dende as Rias Baixas en Galicia, onde naceu este proxecto pensado e creado dende o baile. Dende os seus comenzos no inverno do 2015, a música folk e a danza unense para Obal, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa o “bal-folk”. Formado por Diego Langarika, Jaime Rebollo e Iván Costa, tres músicos cunha longa traxectori…
  continue reading
 
A Orquestra Os Modernos nace no ano 2010 da man de Alonso Caxade, Lois Mouriño, Joám Casas, Xosé Tunhas, Carlos Osorio e Manolo Guldrís coa intención de imaxinar como podería ter sido un estilo de música que xuntara a música tradicional, a música propia das bandas populares e as músicas foráneas que estaban de moda nos anos 20. O resultado foi unha…
  continue reading
 
O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2007 en Vigo, co obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego. Dende a súa orixe está composto por mulleres cunha ampla traxectoria no eido da música tradicional, que aúnan os seus coñecementos para afrontar un novo proxecto encamiñado…
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida