Rumboia238 Timparrantela - Se te quixen foi polos grelos - 2021
MP3•Episodio en casa
Manage episode 346747561 series 2557780
Contenido proporcionado por Radiofusión. Todo el contenido del podcast, incluidos episodios, gráficos y descripciones de podcast, lo carga y proporciona directamente Radiofusión o su socio de plataforma de podcast. Si cree que alguien está utilizando su trabajo protegido por derechos de autor sin su permiso, puede seguir el proceso descrito aquí https://es.player.fm/legal.
Timparrantela é unha recente formación musical feminina nada en Ourense. Con composicións de Olga Brañas, letras de diferentes poetas galegas e galegos e arranxos musicais de Pedro e Pablo Pascual (Marful), a súa banda está formada por: Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxofón), Olga Brañas (piano e pandeireta), Raquel Huete (tuba e baixo eléctrico) e Marta Figueiredo (percusión). O seu ámbito estilístico conecta tanto coas músicas do mundo como coa tradición da verbena, reinventándoa e conferíndolle elegancia. No ano 2021 Timparrantela presenta o seu primeiro traballo discográfico, Se te quixen foi polos grelos, da man da Editorial Galaxia. Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción.Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras. Quen as escoite, vai querelas. Con ou sen grelos polo medio.
…
continue reading
159 episodios