Rumboia 216 – A Nosa Arina – A Nosa Arina (2019)(12.25)
MP3•Episodio en casa
Manage episode 323693859 series 2557780
Contenido proporcionado por Radiofusión. Todo el contenido del podcast, incluidos episodios, gráficos y descripciones de podcast, lo carga y proporciona directamente Radiofusión o su socio de plataforma de podcast. Si cree que alguien está utilizando su trabajo protegido por derechos de autor sin su permiso, puede seguir el proceso descrito aquí https://es.player.fm/legal.
Hoxe compartimos na Rumboia este disco, donde a armónica de Arina cas trompas galegas de Che e Francis xunto a colaboradores coma Emilio do Pando, e máis amigos, interpretan varias pezas da nosa música tradicional. Che Vázquez e Francis Olivier, coñeceron a Arina nunha edición do festival de Pardiñas de Guitiriz. Ali o flechazo entre instrumentos foi instantáneo e tamén o inicio dunha bonita amizade. Dende aquel ano, sempre paraban unha tempada polas terras de Luaña. Nun deses veráns, Arina viña co desexo e compromiso de gravar unha peza con armónica e trompas, para unha publicación que recollía diferentes instrumentistas tradicionais dos Paises Baixos. Gravárona, a muiñeira de Coia. E quedaron tan abraiados co resultado, que se deron conta que a semente estaba en boa terra e regada, e xa os tres tiñan claro o que seguía. Foi no seguinte veran que se puxeron a elo, primeiro selección do repertorio entre moitas pezas antigas do noso repertório tradicional. Tardes e noites de ensaios...e a gravar. A edicion alongouse no tempo e Arina enfermou moi rápido, e foise. Así quedaron os dous con este proxecto, o material e a obriga e o desexo de rematar o camino andado e non podía ser doutra maneira que un disco de amigos para os amigos. Por suposto, xa no título evidenciase que Arina tivo un papel primordial, así como na mezcla e presentación. E así foi, como dende o obradoiro de quen pode considerarse recuperador e desenrrolador da Trompa Galega, co virtuosismo de Arina á armónica e o compartir duns momentos máxicos ó carón da fonte da memória, saíu este traballo.
…
continue reading
157 episodios