RUMBOIA 229: Fuxan Os Ventos – Fuxan os Ventos (1976)
MP3•Episodio en casa
Manage episode 340295162 series 2557780
Contenido proporcionado por Radiofusión. Todo el contenido del podcast, incluidos episodios, gráficos y descripciones de podcast, lo carga y proporciona directamente Radiofusión o su socio de plataforma de podcast. Si cree que alguien está utilizando su trabajo protegido por derechos de autor sin su permiso, puede seguir el proceso descrito aquí https://es.player.fm/legal.
No ano 1976 fuxan os ventos publicaban o seu primeiro disco titulado Fuxan os ventos, que se presentaba así: "Este feixe de cancións non quere ser máis ca o recordo e a dignificación dunha canción popular de hai anos xa, e un esbozo da canción galega de hoxe que, partindo de formas musicais galegas, non adormente senón que formule a realidade dunha Galicia viva, que por viva canta, pretendendo, polo tanto, ser o reflexo dun pobo que vive uns problemas nun intre crucial e definitivo da súa historia." Tal declaración de principios abrangue as dúas vertentes musicais galegas do tardofranquismo: por unha banda o herdo da tradición, co propósito de dignificala e, pola outra, a asunción da canción de denuncia, fiel reflexo do contexto social e da súa implicación a prol da loita pola liberdade política e social do pobo, a dignificación do seu idioma e da súa cultura.
…
continue reading
159 episodios