O festival de Ortigueira aposta pola creación musical co denominado Laboratorio de Cántigas Novas
MP3•Episodio en casa
Manage episode 462766664 series 1916850
Contenido proporcionado por Voces de Ferrol - RadioVoz. Todo el contenido del podcast, incluidos episodios, gráficos y descripciones de podcast, lo carga y proporciona directamente Voces de Ferrol - RadioVoz o su socio de plataforma de podcast. Si cree que alguien está utilizando su trabajo protegido por derechos de autor sin su permiso, puede seguir el proceso descrito aquí https://es.player.fm/legal.
Festival do Mundo Celta de Ortigueira presentou xa o seu cartel para a edición 2025 e ademais pon en marcha o denominado Laboratorio de Cántigas Novas, un proxecto da área formativa do festival que xa ten aberto o prazo de inscrición. O Laboratorio de Cántigas Novas é unha nova iniciativa posta en marcha polo Concello de Ortigueira a través da Área Formativa do festival que estará coordinado pola Escola de gaitas de Ortigueira. O proxecto estará enfocado á creación de autor, individual e colectiva, a partir da tradición oral galega e apostando pola contemporaneidade. O laboratorio, que estará aberto a toda persoa interesada na composición lírica e o uso artístico do galego, estará dirixido por Ugía Pedreira e Óscar Górriz. O LAB terá lugar durante 12 sesións de traballo en sábados alternos desde o 8 de marzo ao 9 de xullo. Nesas sesións haberá sesións creativas, encontros etnográficos coa comunidade local e foliadas en diversos puntos da comarca. Artistas expertos en música galega e internacional como Ramón Piñeiro, Alba María, Quique Peón, Pedro Pascual, Sú Garrido e Alejandro Vargas impartirán clases maxistrais. O laboratorio conta con só 25 prazas e as preinscricións pódense realizar xa enviando nome completo e número de teléfono ao mail lab@festivaldeortigueira.com ata o 24 de febreiro.
…
continue reading
70 episodios