Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2

57:43
 
Compartir
 

Manage episode 307315856 series 1061546
Por Efervesciencia descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois. (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa. (17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Klaus Hasselmann e Syukuro Manabe pola “modelización física do clima da terra, a cuantificación da variabilidade e predición fiable do quentamento global” Debúllanos o que hai tras este nobel Juan Antoni Añel, profesor titular de Ciencias da Terra na Universidade de Vigo no campus de Ourense. Hai poucos meses Añel asinou cos seus colegas do grupo EphysLab en Environmental Research Letters un estudo altamente citado sobre a contracción da estratosfera polo incremento dos gases de efecto invernadoiro (44:59) As paisaxes sonoras perden instrumentos [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla]. Un estudo de Nature Communications da conta de como nos últimos 25 anos a perda de especies de paxaros e de número de individuos ten afectado a mais de 200.000 paisaxes sonoras de Europa e Norte América. www.efervesciencia.org

1709 episodios