Rumboia 170 – A Requinta da Laxeira – Maise -2013(13.16)

13:15
 
Compartir
 

Manage episode 291213994 series 2557780
Por Radiofusión descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
A Requinta da Laxeira é un grupo de música tradicional dedicado á recuperación da requinta, un instrumento característico da zona da Ulla. A Asociación Cultural San Campio de San Miguel de Sarandón (Vedra) é o berce e acubillo deste grupo que comezou a súa andaina alá polo ano 2004. Parte do seu repertorio componse de “música de requinta” (recollida a vellos requinteiros); e tamén engaden outras pezas adaptadas ó máis puro estilo 'laxeiro', onde incorporan voces. Os da Requinta da Laxeira son festeiros, tocan, bailan e cantan, contan cun repertorio popular moi coñecido e nos concertos son capaces de baixar do escenario e facer bailar ata ao pau dunha escoba. A Requinta da Laxeira ten dous traballos discográficos no mercado, “Vai de baranda” foi o primeiro disco desta formación lanzado no ano 2010. Posteriormente, o segundo disco, “Maise”, saíu ao mercado no ano 2013 e conta con 14 cancións aderezadas co máis puro estilo laxeiro, gravadas e mesturadas no estudio Phonos (A Estrada).

122 episodios