Graxos da Burga - Capítulo 2

4:55
 
Compartir
 

Manage episode 248385625 series 1415665
Por Radio Liverdade descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
Capítulo 2 - A lei dos Graxos da Burga A literatura é unha das millores ferramentas para a transmisión da cultura ás xeracións máis novas, e especialmente para recoller o patrimonio inmaterial e oral, o que xa non podemos ver, tocar ou fotografar; ademais, a escrita amósase coma o recurso máis xeitoso para a transcrición da oralidade. Que sería dos graxos da Burga de non ser por V. Lamas Carvajal e os textos onde nos deixou contadas as aventuras distes pícaros da Auriense; quizais F. Álvarez de Nóvoa non escribiría alá polo 1896 o Turuleque, conto onde un dos graxos enviados pola forza ao exército, regresa ao Barbaña para recuperar o seu amor. Tampouco, imaxinamos, H. Pérez Placer chantaría sobre o papel, e en galego, a historia do Xeneral, onde os graxos da Burga e as rúas da nosa vila tamén son protagonistas. Por iso celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentando o segundo “capítalo” desta extraordinaria loucura: A lei dos graxos da Burga.

60 episodios