Ghurrucho público
[search 0]
Más

Download the App!

show episodes
 
Loading …
show series
 
Falamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.…
 
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.…
 
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Stars…
 
Falamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.
 
Desta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na f…
 
Conversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.…
 
Falamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita. Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais. Bloco 2: Bruce Lee Bloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentes Bl…
 
Falamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas. Bloco 2: Jurassic Park. Bloco 3: Ficción prehistórica. Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.
 
Bloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adic…
 
Neste episodio falamos da saga de Alien, a mítica película de 1979 dirixida por Ridley Scott e imaxinada polo guionista Dan O'Bannon. Pero antes repasamos a figura dos aliens ou extraterrestres no imaxinario global, para rematarmos por falar da posible "alienexploitation", a pegada que puido deixar esta obra noutras. Rematamos cun concurso moi pecu…
 
Este é un programa atípico, onde nos afastamos do noso habitual formato "tertulia". Falamos dese pobo misterioso que habitou a meirande parte de Europa durante a Idade de Ferro, os celtas. A súa historia, a súa cultura e a súa mitoloxía son protagonistas do bloco 1, a ficción na que son representados ocupa o noso bloco 2, e os castrexos, galaicos o…
 
Este é un programa especial, xa que o formato é o dunha charla coloquio debate, ou algo similar. Falamos do coronavirus dende o noso punto de vista, contando desta vez cun invitado que vive en Polonia, para ter outras olladas. Isto non quita que cara o final falemos de pandmias na ficción, con exemplos na literatura, cinema e outros medios. Pedimos…
 
Falamos do detective máis famoso da ficción, o británico Sherlock Holmes, creado polo escritor Sir Arthur Conan Doyle. E tamén nos achegamos a ese xénero que bebe deste enigmático detective, un xénero que tería como pedra angular as pesquisas e o método deductivo usado para resulver un caso.
 
Desta vez falamos dunha das afeccións nas que máis hai que utilizar a imaxinación: o rol. Falamos de xogos, sistemas, ambientacións, e atrevémonos, cara o final, a xogar unha pequena partida a modo de exemplo cunhas regras inventadas para a ocasión (así ninguén nos pode dicir que xogamos mal, muahahaha). A partida publicarémola tamén na nosa páxina…
 
Loading …

Guia de referencia rapida

Google login Twitter login Classic login