Ghurrucho público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Falamos dos premios máis importantes do cinema mundial, os glamourosos Oscars da Academia de Hollywood. Repasamos a súa historia e os seus momentos máis importantes. Tamén falamos doutros premios e de por que ou para que existen estes certames, se son xustos ou non, e no caso de non selos de como poderían mellorar.…
  continue reading
 
Falamos dun dos personaxes máis míticos do folclore anglosaxón, o arqueiro e ladrón Robin Hood, que roubaba a ricos para repartir entre pobres. Afondamos na cantidade de versións de ficción que se fixeron sobre el, nas súas orixes e no seu mito do ladrón ético. Por último tamén falamos doutros heroes da ficción ambientada no medievo e dunha posible…
  continue reading
 
Falamos da banda deseñada de Art Spiegelman, Maus, o único cómic que acadou o prestixioso premio Pulitzer. A obra aborda o tema da ocupación nazi de Polonia e a vida dos habitantes do gueto xudeu de Varsovia e posterior encerro en Auswitch a través dos ollos do pai do autor, sobrevivinte do Holocausto.…
  continue reading
 
Falamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder.
  continue reading
 
Facemos un repaso pola nosa experiencia como traballadores todoterreo da Mostra de Teatro de Cangas agora que fai corenta anos. Tamén contamos con Casilda García, unha das persoas que botou a andar este proxecto e que nos conta como foi a experiencia de levalo adiante. A música neste podcast foi utilizada en diversas obras de teatro nas que traball…
  continue reading
 
Gustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras. Música: Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier…
  continue reading
 
Neste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.…
  continue reading
 
Contamos coa xente do maravilloso podcast Mal de Olho, espazo no que falan de filmes sobre todo de terror, para adentrármonos na figura dun dos asasinos máis emblemáticos da historia: Jack o Destripador. Tamén falamos dos tipos de asasinos que adoitan aparecer nas obras de ficción, e de xéneros e subxéneros onde o asasino sexa parte indispensable d…
  continue reading
 
Falamos do alieníxena máis cinexético, coñecido por estes lares coma Depredador ou Predator. Os seus filmes e os cómics serán o noso tema principal neste programa. Porén, tamén abordamos o tema da caza na historia e na mitoloxía, así como otras obras de ficción nas que a caza teña un papel protagonista.…
  continue reading
 
Falamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias. Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar. En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vist…
  continue reading
 
Falamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos? Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros direc…
  continue reading
 
Falamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.
  continue reading
 
Aquí tendes o directo de Twitch. Parolamos do metagurrucho, descarado eufemismo para non dicir que pasamos case que todo o programa falando de nós mesmos, os nosos 50 podcast e as nosas movidas. Aínda que tamén imos coando refenrencias á cultura pop e algún chiste que outro de calidade cuestionable.
  continue reading
 
Falamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.…
  continue reading
 
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.…
  continue reading
 
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Stars…
  continue reading
 
Falamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.
  continue reading
 
Desta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na f…
  continue reading
 
Conversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.…
  continue reading
 
Falamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita. Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais. Bloco 2: Bruce Lee Bloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentes Bl…
  continue reading
 
Falamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas. Bloco 2: Jurassic Park. Bloco 3: Ficción prehistórica. Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.
  continue reading
 
Bloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adic…
  continue reading
 
Neste episodio falamos da saga de Alien, a mítica película de 1979 dirixida por Ridley Scott e imaxinada polo guionista Dan O'Bannon. Pero antes repasamos a figura dos aliens ou extraterrestres no imaxinario global, para rematarmos por falar da posible "alienexploitation", a pegada que puido deixar esta obra noutras. Rematamos cun concurso moi pecu…
  continue reading
 
Este é un programa atípico, onde nos afastamos do noso habitual formato "tertulia". Falamos dese pobo misterioso que habitou a meirande parte de Europa durante a Idade de Ferro, os celtas. A súa historia, a súa cultura e a súa mitoloxía son protagonistas do bloco 1, a ficción na que son representados ocupa o noso bloco 2, e os castrexos, galaicos o…
  continue reading
 
Este é un programa especial, xa que o formato é o dunha charla coloquio debate, ou algo similar. Falamos do coronavirus dende o noso punto de vista, contando desta vez cun invitado que vive en Polonia, para ter outras olladas. Isto non quita que cara o final falemos de pandmias na ficción, con exemplos na literatura, cinema e outros medios. Pedimos…
  continue reading
 
Falamos do detective máis famoso da ficción, o británico Sherlock Holmes, creado polo escritor Sir Arthur Conan Doyle. E tamén nos achegamos a ese xénero que bebe deste enigmático detective, un xénero que tería como pedra angular as pesquisas e o método deductivo usado para resulver un caso.
  continue reading
 
Falamos do director estadounidense Quentin Tarantino, un chisco da súa vida, e sobre todo da súa obra. Atrevémonos a facer un ranking dos seus filmes e a imitar o seu estilo en varias escenas que iremos poñendo no transcorrer do podcast. A ver se llas coamos a Netflix, Amazon ou á TVG3.
  continue reading
 
Desta vez falamos dunha das afeccións nas que máis hai que utilizar a imaxinación: o rol. Falamos de xogos, sistemas, ambientacións, e atrevémonos, cara o final, a xogar unha pequena partida a modo de exemplo cunhas regras inventadas para a ocasión (así ninguén nos pode dicir que xogamos mal, muahahaha). A partida publicámola nas nosas contas de Yo…
  continue reading
 
Facía tempo que non gravabamos un monogurrucho, e desta vez fixémolo falando da derradeira tempada de Xogo de Tronos. Tentamos analizar as chaves do éxito ou fracaso desta controvertida entrega. Pedimos desculpas pola baixa calidade do audio, que case nos impide a publicación. Porén, ao final démoslle para adiante...…
  continue reading
 
Neste programa falamos do accidente de Chernobyl co gallo da serie recentemente emitida pola canle estadounidense HBO, e tamén debatemos sobre a propia serie e o tratamento que fai da catástrofe de Chernobyl. Falamos tamén un chisco sobre un suposto xénero cinematográfico de catástrofes, e sobre as que nos tocaron en Galicia, sobre todo petroleiros…
  continue reading
 
Falamos da obra do escritor estadounidense Frank Herbert, destacando o seu mellor traballo Dune, o relato de ficción científica que foi levado á gran pantalla polo cineasta David Lynch. Tamén mencionamos outros medios nos que se explorou a opción de desenvolver Dune con linguaxes diferentes, como poden ser os videoxogos ou os xogos de mesa. Por últ…
  continue reading
 
É Daenerys unha metáfora dos EUA? Son os Dothraki veganos? Como se pronuncia R'hllor? Ningunha destas preguntas terá resposta neste podcast, pero contamos coa presencia do actor Salvador del Río, co que repasaremos a traxectoria da exitosa narración de Martin, tanto na serie de TV como nos libros.
  continue reading
 
Falamos sobre a serie de culto creada polo polifacético Joss Whedon Firefly, nome da nave de contrabandistas galácticos guiados polo capitán Malcolm Reynolds, un dos mellores papeles do actor Nathan Fillion. Tamén comentamos outras obras dun suposto xénero que misturaría o western coa aventura espacial, e como non, facemos unha proposta de serie tr…
  continue reading
 
Seguimos os pasos de Dante e de Orfeo para adentrarnos nos infernos e analizar dende alí o cómic da liña Vértigo Hellblazer, protagonizado polo mago máis turbio da ficción, o señor John Constantine. Tamén nos achegamos a outras obras do xénero coma O Exorcista, A Profecía, Prophet, etc
  continue reading
 
Neste episodio falamos do mundo da pirataría, centrándonos na coñecida obra de Stevenson "A Illa do Tesouro". Pero non queda aí a cousa, falamos de historia, os piratas a través do tempo, e de ficción, os piratas no mundo do entretemento. Por último adicamos un espazo, xoma sempre, a Galicia, e á súa relación con este mundo.…
  continue reading
 
Coas uvas case que no plato, e para rematar este 2018, aquí tendes o programa sobre cinema e teatro musical. Coma sempre quedáronnos moitísimas cousas por dicir, pero algo do importante por aí anda. Falamos das manifestacións culturais con música até o século XIX, onde se comeza a xestar o xénero musical, e fixámonos nun musical en particular: Sing…
  continue reading
 
Desta vez falamos de videoxogos. O programa está dividido en tres bloques. No primeiro centrámonos no hardware, dende as primeiras computadoras até os anos 80. No segundo lembramos os xogos máis destacados de cada xénero videolúdico. E no terceiro debatemos sobre a actualidade do videoxogo. Coma sempre, para finalizar, fixemos un trailer dunha supo…
  continue reading
 
Neste programa poñémonos nostálxicos e falamos dos inicios da TVG, dos programas, series e debuxos animados cos que medramos. Tamén lle damos un repaso á programación da década dos 90 e á do século XXI, época na que pouco a pouco deixamos de ver a galega dun xeito tan frecuente. Por último, creamos o tráiler da serie TVG definitiva, misturando os p…
  continue reading
 
Neste programa falamos da figura do cinema silente Buster Keaton, da súa vida e da súa obra. Pero tamén abordamos os comezos do séptimo arte, os Lumiere, Edison, Porter, etc. Por último tentamos atopar no cinema posterior, posibles influenzas que o señor "Cara de pau" poidese inspirar.
  continue reading
 
Nesta ocasión charlamos sobre a espionaxe, mencionando algúns espías e redes de espionaxe destacables da historia, para continuar falando dos espías na ficción. Chegaremos así ao espía máis famoso, o británico James Bond, creado pola pruma do escritor Ian Flemming. Finalmente mencionaremos alguna "Bond exploitation" e casos de espionaxe en Galicia.…
  continue reading
 
Falamos da creación de Lucas e Spielberg, Indiana Jones, tanto das súas catro (si, catro) películas coma das fontes das que beben e dos traballo posteriores que poidesen ter inspirado. Tamén inventamos un tráiler dunha suposta serie ambientada en Galicia e protagonizada pola aventureira Barbanza Anllóns.…
  continue reading
 
Desta vez falamos do superheroe Superlópez, un clásico da banda deseñada española, dende unha pequena biografía de Jan, o seu creador, até comentar algunha das súas aventuras. Tamén indagamos no mundo dos superheroes, esas figuras tan americanas, nas súas raíces e na proliferación actual. Rematamos co tráiler dun suposto superheroe galego, Cormomán…
  continue reading
 
Se o de decembro publicámolo en xaneiro e o de xaneiro en febreiro, este gurrucho de febreiro non podía ser menos e subímolo en marzo. Inflación temporal. Desta vez falamos de mitoloxía grega coa axuda do pesado erudito Fin, que nos ilustrará en col de Homero e a súa obra, outros mitos da Hélade e tamén algúns de Galicia e o mundo.…
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida