New Breath público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Estreamos tempada tras a interrupción polo confinamento e o facemos cun dos xogos estrela da pasada primavera: Animal Crossing New Horizons. Ademais, falamos con Víctor Justo, creador do xogo de carreiras Woden GP que está inspirado pola cidade de Vigo. Tamén repasamos o estado da nova xeración de consolas con Mos e Iago. Música por Teknoaxe: https…
  continue reading
 
Celebramos o noso primeiro aniversario cun programa especial no que repasamos, xunto a Mos (@mosynho) os xogos que máis nos fixeron vibrar estes últimos meses. Ademais, repasamos a actualidade máis destacada da semana e botámoslle un ollo aos Game Awards que terán lugar o 13 de decembro. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", “Gr…
  continue reading
 
Os sucesores de Banjo-Kazooie, Yooka e Laylee, chegan a Revolution coa súa nova aventura, 'Yooka-Laylee e a Guarida Imposible', un plataformas en 2D para toda a familia. Entrevistamos a Mario-Paul Fernández, director do documental 'Arcadeología', co que falaremos sobre a conservación dos antigos videoxogos. Por último, coma sempre, toda a actualida…
  continue reading
 
O clásico de hai 26 anos que Nintendo rescatou para a Switch cun remake o pasado mes de setembro aterra en Revolution. Botámoslle unha ollada ao Link's Awakening para saber se paga a pena revisitar esta vella aventura. Na súa sección, Mos fala do Indiecalypse, que promete un montón, e, por suposto, repasamos a actualidade destas semanas. Música por…
  continue reading
 
As terras fronteirizas e os seus bandidos volven invadir Revolution, esta vez coa terceira entrega numerada da saga Borderlands, que analizamos con todo detalle. Ademais, Fran e Nelo, de Degoma Studios, charlan connosco sobre o xogo con selo galego 'Reggie, his cousin, two scientists and probably the end of the world', que sairá en 2021. Música por…
  continue reading
 
Arranca unha nova tempada de Revolution da man dun dos xogos estrela deste verán, o Super Mario Maker 2. Ademais, contamos as novas máis destacas destas últimas semanas, debatimos o que nos deparou o verán e presentamos a Mos, a nosa nova voz que nos acompañará en varios programas. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patri…
  continue reading
 
Despedimos a temporada en Revolution cun programa moi especial sobre a consola de Sony. Repasamos, xunto a Mos (@mosynho en Twitter) e Iago toda a historia da liña de videoconsolas de Sony, compartimos lembranzas e rimos a escachar coas anécdotas máis divertidas relacionadas coas Playstation. Música por Teknoaxe: https://www.teknoaxe.com "Chiptroni…
  continue reading
 
Esta semana deixámosvos un miniepisodio extra no que analizamos máis a fondo un dos xogos que destacamos no noso especial de fin de ano hai xa seis meses: o Forza Horizon 4. O seguinte programa que publiquemos será o número 25, e será moi especial. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chiptronical", por Patrick de Arteaga: https://patrickdear…
  continue reading
 
En Revolution aproveitamos esta semana para falar das nosas prediccións, esperanzas e expectativas sobre o E3 deste ano, que se celebra os días 10, 11 e 12 de xuño. Tamén, coma sempre, comentamos a actualidade da industria, en especial a tan esperada nova sobre a data de lanzamento do Death Stranding. Música por Teknoaxe: https://teknoaxe.com "Chip…
  continue reading
 
Neste programa especial de Revolution botámoslle unha ollada aos videoxogos que máis nos fan movernos do sitio e picarnos cos nosos amigos e familiares: os musicais. Acompañados pola cantante e gañadora da Canteira de Cantareiros de Luar en 2008 Mariana Pérez e Róber, o seu irmán, un ávido afeccionado aos videoxogos, mergullámonos nos mellores xogo…
  continue reading
 
Esta semana adentrámonos no mundo surrealista de Pandora da man do pai dos looter-shooters, Borderlands. Tentaremos repasar toda a saga en vindeiros programas co gallo do lanzamento do Borderlands 3. E coma sempre, repasamos as novidades máis destacadas da industria. State Of Play, EA Access en PS4, Mario Maker 2... Non se nos escapa unha. Música p…
  continue reading
 
Esta semana falamos do deporte rei na industria dos videoxogos con dous invitados de luxo: Antón de Vicente, xogador do Coruxo FC, e Berto Carballo, cofundador de canteiraceleste.com. Repasamos os diferentes tipos de xogos de fútbol ao longo da historia e falamos das nosas vivencias cos mesmos neste especial dunha hora. Música por Teknoaxe: https:/…
  continue reading
 
Esta semana analizamos unha das aventuras gráficas máis interesantes da última década, Life Is Strange. A nosa convidada é Isabel Fernández (máis coñecida como Aries), unha compositora que fixo a BSO e as voces do Melbits World para o sistema Playlink de Sony. Falamos con ela sobre a industria, a doblaxe e moitos temas máis. Tamén, coma sempre, bot…
  continue reading
 
Voltamos tras o parón dunha semana e volta con nós o pequeno dinosaurio verde de Nintendo, pois toca analizar o Yoshi's Crafted World. Tamén falamos sobre diversos temas de actualidade destas últimas dúas semanas como os primeiros detalles da nova consola de Sony, a denuncia de explotación laboral por parte de empregados de Epic Games e moito máis.…
  continue reading
 
Cumprimos 18 en Revolution e que mellor maneira de celebralo que cun especial sobre unha das compañías máis destacadas da industria dos videoxogos, a todopoderosa Nintendo. Neste programa especial botarémoslle un ollo á interesante historia da empresa nipona comentando e recordando con Iago e Mos (@mosynho) todos os bos momentos que pasamos xunto á…
  continue reading
 
Neste decimoséptimo programa adentrémonos no inframundo da man de Dante, Nero e V para botarlle un ollo ao título máis recente de Capcom, o moi esperado Devil May Cry 5. Tamén falamos sobre o anuncio de Borderlands 3 e a súa exclusividade na Epic Games Store, a Sega Megadrive Mini e outros asuntos da actualidade. Música por Teknoaxe: http://www.tek…
  continue reading
 
Esta semana temos un Revolution algo diferente do habitual. En lugar de analizar un videoxogo, metémonos de cheo na industria e repasamos a evolución da maneira de xogar, desde as primeiras videoconsolas ata o multixogador online e debatimos sobre o futuro, como os servicios de xogo por streaming que parecen ser cada vez máis comúns. Tamén lle bota…
  continue reading
 
O axente 47 infíltrase en Revolution neste decimoquinto programa. Analizamos Hitman, o xogo que revitalizou a famosa saga de acción e sixilo hai xa dous anos. Na nosa tertulia semanal falamos dun xénero que sufriu moitísimos cambios desde a súa concepción: os xogos de conducción e a súa deriva cara aos esports e a simulación. Tamén repasamos a actu…
  continue reading
 
Neste decimocuarto programa de Revolution dámoslle cor ao asunto analizando o Splatoon 2. O noso convidado desta semana é Juanma, que foi xogador profesional de Clash Royale e falaranos entre outras cousas de como funciona es mundiño. Coma sempre, repasamos a actualidade da man de dous exclusivos de Sony, os problemas de Anthem e moito máis. Música…
  continue reading
 
A aventura post-apocalíptica de Aloy chega a Revolution. Analizamos Horizon: Zero Dawn, un dos títulos máis destacados desta xeración de videoconsolas. Na nosa tertulia semanal, falamos con Mos (@mosynho) sobre micropagos e DLCs, entre outros temas. Tamén repasamos a actualidade da industria co evento de amantes do Spectrum ZX en Sada ou o novo xog…
  continue reading
 
Neste episodio analizamos un dos crossovers máis tolos da historia recente con Mario e os Rabbids de Ubisoft. Debatimos sobre o factor nostalxia e as consolas retro mini na nosa nova sección e repasamos a actualidade da industria con novas sobre Resident Evil, Pokémon ou Ubisoft. Música por Teknoaxe: http://teknoaxe.com…
  continue reading
 
Esta semana botámoslle unha ollada a un dos xogos máis esperados desta década, o terceiro título numerado da lonxeva saga de Square Enix, Kingdom Hearts. A nosa convidada desta semana é Carmen e con ela falaremos dun dos temas máis controvertidos da industria dos videoxogos: a representación femenina, tanto dentro da comunidade de xogadores como no…
  continue reading
 
O prometido é débeda, analizamos o gañador do Game Of The Year 2018 con máis detemento e atención que no noso especial de fin de ano, pois o título ben o merece. Entrevistamos a Anxo Pérez, un ávido xogador e falamos un pouco do eterno debate PC-videoconsolas. E coma sempre, repasamos a actualidade: Activision e os seus despidos, o Nintendo Direct …
  continue reading
 
A familia máis famosa da televisión cumple 30 anos en antena e nós o celebramos co seu videoxogo máis icónico, o xa mítico Hit & Run. O convidado desta semana é Carlos Pereiro, xornalista e creador da Revista Morcego, a primeira web enteiramente dedicada aos videoxogos en galego. Repasamos tamén a actualidade da man de Fortnite e unha nova patente …
  continue reading
 
Esta semana visítanos outra das mascotas icónicas de Sony, é o turno para Sly Cooper no que para moitos é o seu mellor videoxogo, o segundo título da triloxía de PS2. Entrevistamos a Efrén, un ávido coleccionista de videoxogos retro e, coma sempre, repasamos a actualidade da industria coa polémica de EA en Bélxica e o Museo de Videoxogos de Galicia…
  continue reading
 
Desta vez é Mario quen chega a Revolution co seu último título para a Nintendo Switch, Super Mario Odyssey. Repasaremos a historia dunha saga emblemática que nunca deixa de sorprendernos e cuxo terceiro título numerado está a piques de saír ao mercado, Kingdom Hearts. Tamén lle botamos unha ollada ás novas da industria, como a saída de Playstation …
  continue reading
 
Rayman chega a Revolution coa súa última aventura en 2D e nós contarémosvos que nos pareceu. O invitado desta semana é Miguel Areán, CEO de Polygon-e e co-director do recentemente aberto CETGAVI, falaremos con el sobre videoxogos e os seus proxectos, como Cricktogame ou a segunda edición do Faneka Gaming. Tamén repasamos a actualidade da industria …
  continue reading
 
Esta semana botámoslle un ollo ao Crash N-Sane Trilogy, ese remake tan querido e... difícil de máis? Tamén convidamos a Alberto Carballo, fundador de CanteiraCeleste.com a falar de videoxogos e fútbol. Tamén repasamos a actualidade, coa revelación de Soldado 76 en Overwatch ou os estratosféricos números de vendas da PS4. Música por Teknoaxe: http:/…
  continue reading
 
A Wii U deixounos moitos videoxogos que, quizais pola mala fama –inmerecida– da consola non foron valorados o suficiente, un deles é o noso protagonista de hoxe. Comentaremos, entre outros temas de actualidade, a rebaixa do prezo da PSMini e o convidado desta semana é Óscar Gónzalez (alias H.J. Delagares), autor de Abrelatas Escarlata e ávido consu…
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida