Cafe Derby 21 público
[search 0]
Más

Download the App!

show episodes
 
Loading …
show series
 
Pantallas a todas horas, pantallas en todas partes. Espertamos xunto a unha, xantamos e ceamos fronte a outra, pasamos horas de ocio ante varios tipos: grandes, pequenas, de cine, extraplanas. Cada día pasan por elas moitos rostros a contar o seu, o que lles toca, o de sempre pero diferente. A matraca. Pero este é o seu traballo e segundo a tecnolo…
 
Annus horribilis. Ou como diríamos hoxe en día: vaia ano levamos. Pero non por iso debemos olvidar o bo que tivo, o pouco que dirían algúns, pola gran presencia que ten o malo, o pésimo. De feito, hai a quen non lle foi nada mal. Este capítulo especial é un repaso ao 2020 no que contamos coa colaboración de antigos convidadxs e enfrontámonos ao bal…
 
Cando anunciaron as medidas para poder xuntarse no Nadal todo o mundo comezou a botar contas, aritmética de familia para escoller quen si e quen non. Soamente uns días despois chegaron á conclusión de que moitas cousas arredor da Noiteboa quedaban tamén descartadas. Unha delas son as ceas de empresa, as reunións máis importantes do ano segundo a qu…
 
Vivimos un momento da Historia no que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes acontecementos. Algúns vémolos en directo, sen intermediarios, pero a gran maioría son retransmitidos en pantallas que, hoxe en día, son de moitas formas e tamaños. Estas cuartas paredes separaban espectáculo de esp…
 
Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou encaixaban coa liña dun discurso que non se acomplexaba por expulsar certos sectores da soc…
 
Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo. Moitas son as palabras que empregamos a diario para referinos aos estados mentais. Estamos tolos, malucos, dementes e un longo etcétera que históricamente todos repetimos sen pararnos a pensar na realidade tras estas verbas. Pero quizais dun tempo para a…
 
Diversión. Esa é a palabra. Neste mundo en constante movemento e a velocidades que meten medo acostumamos esquecernos daquela filosofía do 2004: rir alomenos 10 minutos ao día. Tan importante é facer cousas como ser felices no proceso e, en ocasións, conformarse con iso como resultado final. Non todo pode ser a arte pola arte ou vivir co interese d…
 
Fillos de lameiro foi o nome que lle deron en galego ás persoas de sangue mesta do universo Harry Potter. Nos tempos nos que aínda se traducían fenómenos pop do alén tamén se facía unha divulgación da cultura e tradición oral coa que medramos. Estos mitos, que agora forman parte de moitos dramas fantásticos e sagas de películas que enchen a billete…
 
Dicen que cando levas moito tempo lonxe da terra de Galicia, escoitar unha gaita pode emocionarte tanto como a voz da túa nai. O seu son forma parte, dalgún xeito descoñecido, parte do noso ADN. O folclore é un símbolo, unha expresión do pobo e a súa identidade, por iso é importante que a vangarda e a innovación tamén chegue ao tradicional. Da reno…
 
Existe a expresión «persoa do Renacemento» para aquela xente que se adica exitosamente a moreas de cousas. Continuar co espírito de Da Vinci, vaia. Na serie Paquita Salas a isto chámanlle ser unha actriz 360, tanto cantas como interpretas como bailas. O grupo Ojete Calor, facendo mofa da versión máis popular e mundana destas persoas, falaba de «Moc…
 
Sempre é gracioso ver un meniño lendo o xornal, ou polo menos choca frontalmente co que se supón que é un xoguete. Probablemente só esté imitando o que ve que fan os adultos. Pero agora atopánomos nun momento no que nin os maiores len a tinta en papel e a duras penas en pantallas. Que ocorre para que os medios xa non ocupen un espacio central na vi…
 
Anónimo, nin tan sequera Anónima, é a autoría que figura en moitas obras realizadas por mulleres, segundo Virginia Woolf. Hoxe en día nesa categoría de personaxes invisibles entran outras minorías afastadas da fama e o ouro pero que, con traballo de memoria, poden recuperarse ata acadar postos que sempre deberon ostentar. Pola contra e como sempre,…
 
Xacobe Pato non ten problema para recurrir a Julian Barnes ou Faulkner como guía de consello, pero ás veces esas respostas atópanse nunha canción do grupo de moda. Ese fragmento do seu primeiro libro, Seré feliz mañana, é un bo exemplo da personalidade deste escritor e libreiro que, como nós, bebe tanto da alta cultura como do máis cotiá. Esta sema…
 
Para a estrea do Café Derby 21 queremos contar coa persoa que está tendo as mellores semanas en Galicia, Berta Dávila. Grazas ao éxito da súa novela Carrusel, a autora galega conquista cada premio encertame ao que se presenta, sendo o máis destacado últimamente o Premio Nacional da Crítica. Cos ollos postos na súa seguinte obra, Berta Dávila achéga…
 
Loading …

Guia de referencia rapida

Google login Twitter login Classic login