Adin público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural. Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira…
  continue reading
 
O programa 433.14 foi, novamente, un monográfico dedicado á atención sanitaria. Coa axuda de Catalina Caamaño, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela, conversamos con Alicia Rama. Alicia Rama García, traballadora Social no Servizo Galego de Saúde, é unha das responsábeis da Rede Galega de Promoción de Saúde na Área Sanitaria de Lugo. Feita esta …
  continue reading
 
Abrimos o programa 432 cos espazos colaborativos: “a noticia do día”; e a crónica dunha viaxe educativa a Samos. Esta crónica foi unha nova colaboración do profesor Fernando Losada. Despois de viaxarmos ao Cebreiro e a Samos, regresamos á Mariña para conversarmos cun deportista convaleciente. Ese deportista convaleciente dunha lesión de gravidade c…
  continue reading
 
Abrimos o programa 431 con Xema Sanxurxo, colaboradora de Proxecto Neo e Coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Con Xema Sanxurxo, coruñesa, falaremos de ensino, de música e de moitos outros temas. Despois de estarmos con Xema Sanxurxo, que foi entrevistada por Moustaphá Sarr, recibimos a visita de Jose, que se define como “Proxecto d…
  continue reading
 
A primeira convidada do programa desta tarde foi a nosa compañeira Shiva Alinda Nurhackin. Shiva estivo mostrando estes días a súa obra artística no programa “Quen anda aí?”, da Televisión de Galicia. Grazas ao programa da Televisión Galega, Shiva retomou o contacto cunha amiga da infancia e nós tamén falamos esta tarde con ela. Chámase Johana Haz …
  continue reading
 
Abrimos o programa desta tarde coa colaboración do profesor Fernando Losada, que nos fixo crónica da visita educativa con alumnas e alumnos de bacharelato ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Despois da colaboración do profesor Fernando Losada e da primeira das músicas, conversamos con María García Abad, estudante de Artes. Con Marí…
  continue reading
 
Abrimos programa en conversa cun estudante do bacharelato de Ciencias. Chámase Yago Fernández Rubiños. O noso convidado practica pintura na Academia Mancharte, fai teatro na ADALA de Fazouro e é voluntario na Cruz Vermella de Burela. A segunda convidada, que nos acompañou no estudio, foi a profesora de Economía, Lara Oliveros Ben. A profesora Lara …
  continue reading
 
Abrimos a décimo cuarta etapa cunha entrevista a unha das nosas colaboradoras: Catalina Caamaño Isorna, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño falamos primeiro de diálogo entre culturas. E despois presentamos unha actividade moi directamente relacionada coa saúde: A Semana da Mobilidade. O ámbito da Saúde tamén estivo repre…
  continue reading
 
Abrimos este derradeiro programa do curso 2023-2024 cunha entrevista moi especial, producida e realizada por un estudante que acaba de superar o primeiro curso do Ensino Secundario. Iago Rodríguez é o discípulo e Pablo Peláez Campos é o mestre. O tema: a música. Neste programa tivemos tamén tempo para a celebración do máis universal dos CARBALLOS. …
  continue reading
 
Abrimos o programa 425 cun novo traballo preparado polo profesor Fernando Losada. Desta vez foi unha reportaxe sobre un encontro entre dúas xeracións. Un paseo por Burela, organizado pola Cruz Vermella coa colaboración do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da audición desta reportaxe sonora, falamos da oferta educativa de soldaduras, tornos…
  continue reading
 
Abrimos o programa 424 cunha conversa con María Navarrete, Educadora Emocional. A profesora da Universidade de Manresa está estes días traballando con adolescentes, familias e profesorado do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da conversa con María Navarrete, entramos en contacto con Gustavo Teodoro, do Instituto Lucus Augusti, para falarmos…
  continue reading
 
Esta semana comezamos coa emitisión dun novo traballo do profesor Fernando Losada que nos ppermitiu ouvir as recomendacións literarias realizadas por 7 alumnos e unha alumna do 1º curso de Ensino Secundario. Román, Cyntia, Gabriel, Senén, Iago, Yeray, Raúl e Adrián. Moitísimas grazas. E moitísimas grazas tamén para o noso profesor Fernando Losada. …
  continue reading
 
Comezamos o programa 422 conversando con Víctor Barxiela, do Grupo de Lingüistas pola Diversidade, el foi o noso primeiro convidado. Víctor Barxiela estivo estes días facendo entrevistas na comarca da Mariña para estudar a situación de convivencia entre as linguas. Tamén atendeu a nosa chamada un estudante de Vigo. Guillerme Espada Barcón ten 14 an…
  continue reading
 
Abrimos o programa 421 coa primeira protagonista da tarde, Andrea Varela, actriz de cinema, unha das protagonistas das NEVES, a primeira longametraxe de Sonia Méndez que foi estreada nestes días pasados. Coa axuda de Andrea Varela coñecemos algo máis sobre esta historia protagonizada por adolescentes. Inmediatamente despois falamos con Daniela Fern…
  continue reading
 
Comezamos o programa 420 coa gravación dunha breve conversa con catro deportistas: Antía, Xulia, Natalia e Helena, estudantes do primeiro curso de Ensino Secundario que gañaron recentemente o campionato provincial de baloncesto na categoría Infantil. Despois de falarmos coas xogadoras de baloncesto, coñecemos outra estudante deportista: Cyntia Garc…
  continue reading
 
No programa 419 falamos con Catalina Caamaño, farmacéutica de Atención Primaria, que nos visitou novamente en calidade de coordenadora da aplicación en Burela da Estratexia de Promoción da Saúde, unha iniciativa do Ministerio de Sanidade. De saúde falamos tamén coa segunda convidada: Eugenia Siretanu Lupascu, médica de orixe moldava. A doutora Sire…
  continue reading
 
No programa 418 falamos da Olimpíada TROCANDO LINGUAS, un encontro que se celebra na Universidade de Santiago de Compostela. Sobre este programa da Olimpíada TROCANDO LINGUAS falamos coas profesoras Gabriela Prego e Marta Estévez Grossi. No noso particular tempo de animación á lectura estivo con nós o escritor Julio López Quiroga, quen nos contou c…
  continue reading
 
O programa 417 estivo dedicado ás aulas sen fume. Aulas sen fume é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo. Está dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, de entre 12 e 14 anos e está incluído no Plan Proxecta da Consellaría de Educación. Fomenta o compromiso individual e colectivo de non fumar durante 6 meses. Noutras palabras: …
  continue reading
 
Esta semana abrimos o programa 416 coas recomendacións de programas da nosa radio á carta. Os participantes desta edición foron Daniel Borrajo Trelles e Leire Mate Ares. O protagonista da nosa primeira entrevista foi César Fernández Zapata, profesor de Lingua Inglesa no Instituto Perdouro e campión galego dunha das artes marciais, que nos deu a coñ…
  continue reading
 
Nesta ocasión o programa estivo dedicado ao ben-estar emocional e á convivencia. Antes de conversarmos con tres convidadas, emitimos catro breves colaboracións: unha de Xavi Expósito, outra de Samir Carrillo, unha terceira do alumnado da materia de Ciencias Ambientais e unha cuarta de Antía Domínguez Piñeiroa. Xa dentro das entrevista, en primeiro …
  continue reading
 
O contido central do programa 414 foi unha colaboración do profesor Fernando Losada. Este preparou para Proxecto Neo unha moi completa entrevista coa escritora Miriam Beizana Vigo, unha escritora galega do tránsito entre os séculos XX e XXI. Agora está de máxima actualidade porque acaba de publicar un novo libro. Nos minutos finais do programa fala…
  continue reading
 
No programa 413 conversamos con Nicolás Veiga, en representación da Asociación Guillém Veiga Iglesias que traballa para a detección precoz de trastornos de crecemento na etapa infantil. De saúde continuamos falando tamén nos seguintes minutos. Desta vez con Catalina Caamaño e con María Méndez, do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño, far…
  continue reading
 
Esta semana abrimos o programa 412 cunha nova colaboración de Sara, Lía e Sabela, estudantes do Instituto de Beade, en Vigo. Mais unha vez, esta colaboración chegounos grazas ás xestións da profesora Silvia Iglesias. Con ela tamén falamos. Na segunda parte do programa conversamos co escritor Suso de Toro. Con el fixemos un repaso da súa traxectoria…
  continue reading
 
No programa 411 conversamos coa escritora Antía Yáñez, que dirixiu en Burela un obradoiro de creación literaria. Este obradoiro de creación literaria estivo encadrado dentro da conmemoración do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Na segunda parte do programa estivo con nós Daniela Domigos Lopes, xogadora do Burela F.S. Con ela falamos sobre …
  continue reading
 
Esta semana comezamos o programa 410 coa colaboración de Ana Polanco, alumna do IES Monte das Moas. Da cidade da Coruña viaxamos á cidade de Vigo para ouvirmos as nosas colaboradoras Sara, Lía e Sabela, estudantes no Instituto de Beade. As nosas seguintes convidadas participaron desde a cidade de Lugo: chámanse Joana e Sara, Ambas estudan 1º de ESO…
  continue reading
 
Abrimos o programa cunha nova colaboración que nos enviaron desde o Instituto Monte das Moas, da Coruña. Neste caso, a colaboración dunha alumna. Despois da música, conversamos cun artista de Banda Deseñada: Cristian Caruncho, que nos presentou obra e que nos falou sobre un obradoiro a realizar no Instituto Perdouro. O noso seguinte convidado foi o…
  continue reading
 
Abrimos o programa 408 co AQUÍ TAMÉN SE FALA. Foi unha colaboración do Instituto Monte das Moas da Coruña. Despois da primeira música, Mateo Corral e María Puente faláronnos do Grupo de Participación Adolescente de Burela. Leticia Maseda, directora do Instituto de Foz, presentounos un encontro gastronómico internacional (MENU COM SABOR PORTUGUÊS) e…
  continue reading
 
Iniciamos o programa 407 cunha das colaboracións do Aquí TAMÉN SE FALA: desta vez foi unha crónica que nos chegou de Vigo. Concretamente do Instituto Santa Irene. A primeira das músicas serviu para abrir a porta a dúas novas voces no noso programa: as de Yeray Díaz e Iago Rodríguez, que xa levan unhas semanas connosco, en cualidade de observadores.…
  continue reading
 
Neste programa 406, contamos cunha nova colaboración da Escola dos Castros. O seu gatiño enviounos un novo presente: é unha recomendación literaria moi orixinal. Despois o AQUÍ TAMBÉM SE FALA levounos hoxe a dous lugares diferentes: Viveiro e a Estrada, do primeiro tivemos unha colaboración do Instituto María Sarmiento e da Estrada chegounos unha c…
  continue reading
 
Por indicación do Instituto Muralla Romana da cidade de Lugo, entramos en comunicación coa cooperativa Bico de Grao, situada na Ronda das Fontiñas. Marta Pérez Freire atendeu a nosa chamada e explicounos en panorámica as actividades de carácter comercial e socio-educativas que realizan. Puxo especial énfase na importancia do uso do idioma galego na…
  continue reading
 
Na xornada do día 10 de xaneiro de 2024 chegou o programa de número capicúa: 404. Para celebrar data tan sinalada queríamos unha entrevista especial e o profesor Emilio Cambeiro facilitounos esa oportunidade. A través del tivemos coñecemento do potencial de Estela Rial Suárez, con quen entramos en comunicación e de quen recibimos todas as facilidad…
  continue reading
 
Neste programa 403, o derradeiro do ano 2023, contamos con tres colaboracións da Escola dos Castros: unhas adiviñas, un poema dedicado ao Apalpador e unha canción interpretada e gravada no propio centro educativo. Despois falamos da FOLIADA INTERNACIONAL MODELO BURELA a celebrar durante a noite do día 22 de decembro no Centro Social Xebra. A profes…
  continue reading
 
Desde hai varias semanas, Noely Cardoso Borges é unha voz fundamental no programa. Durante as mañás asiste ás aulas de FP Básica e de tarde asiste ás aulas do programa QUALE e solicita á profesora Vanesa Vila-Verde o asesoramento necesario para locutar a cabeceira de Proxecto Neo. Ás 5 séntese con nervos, mais está preparada. Neste programa quixemo…
  continue reading
 
Primeira entrega feita unha vez superada a barreira dos 400 programas. Celebramos o momento coa incorporación de dúas novas voces: as de Izan Maseda e Nicolás Amorín, que aproveitaron extraordinariamente ben as dúas xornadas de observación directa en que xa tiñan participado no estudio. Unha filla (Jimena) e un pai (Pablo) fixeron un esforzo nas sú…
  continue reading
 
Na tarde do día 29 de novembro de 2023 chegamos ao programa 400. Celebrámolo con conversas centradas en experiencias de educación inclusiva. Na primeira entrega, Ineida Moreno falou con Albano González Cancio, que nos atendeu en cualidade de profesor de Historia da Arte, de Director da Banda Musical Dambara e de dinamizador cultural e intercultural…
  continue reading
 
A compañía teatral Os Quinquilláns cumpre vinte e cinco anos en activo. Nós celebramos tan extraordinaria efeméride cunha conversa con Lucho Penabade Outeiro. Lenise Sofia Lopes Martíns ocupouse de conducir o diálogo. Con Miguel Rodríguez, coordinador do funcionamento da biblioteca do Perdouro, falamos sobre unha actividade organizada polo Minister…
  continue reading
 
Alexandra Alonso entrou para a Masa Coral Modelo Burela cando tiña entre 12 e 13 anos e estaba cursando 2º de ESO. Despois permaneceu neste grupo de traballo semana a semana durante cinco anos máis. Todo un exemplo de constancia e dedicación. Agora retornou activamente ao estudio para falarnos das súas primeiras prácticas docentes oficiais, que rea…
  continue reading
 
Entramos na primeira entrevista coa música da Filipa Pais. A convidada: Lenise Sofía Lopes Martins, estudante do Instituto Monte Castelo e Premio Erasmus +. Con ela falamos da Escola Secundaria Salineiro, na Illa de Santiago en Cabo Verde; e falamos tamén dos ciclos de Auxiliar de Coidados e do de Química e Saúde Ambiental. Con Javier Castrillón Go…
  continue reading
 
Noé Vázquez é profesor de Lingua e Literatura no Instituto Perdouro. Titulado en Filoloxía pola Universidade da Coruña, realizou estaxio Erasmus na Universidade do Minho en Braga. Con el falamos tamén de música: de Chasis -a banda de rock-, da Asociación Musicoleiros e do Festival Rockaronleiros. Ana Ojea, profesora de Cultura Audiovisual, é a Pres…
  continue reading
 
Na cabeceira do programa 395 recollemos dúas terroríficas apócemas que nos enviou o alumnado da Escola dos Castros. Inicialmente tivemos moito medo, mais pouco tempo nos durou no corpo: a música da Mayra Andrade foi terapéutica e a través dela conseguimos o antídoto contra o arrepío. A primeira convidada no estudio foi Ana Moura, integrante do grup…
  continue reading
 
Bernardo Penabade fixo a crónica dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega. Noé López Paz, traballador non docente no Instituto Perdouro, falounos da práctica deportiva como fonte de saúde. Carme Sampedro Miranda presentounos unha vez máis as actividades dos 365 días pola Igualdade. Ana Orol Gonz…
  continue reading
 
Dia 11 de outubro de 2023. Foi a data da primeira emisión desta 13ª etapa. O programa que chegou ás ondas en xaneiro de 2012 alcanza agora a edición número 393. Varias ducias de estudantes de 13 promocións propiciaron que na radio á carta teñamos mais dun millar de voces ofrecéndonos o seu ensino a través das ondas. Finalizamos unha etapa de 12 ano…
  continue reading
 
Abrimos o programa coa recomendación literaria feita pola profesora Inés Cortés, da Universidade da Coruña. Inmediatamente despois chegou o Momento RPA, desta vez protagonizado polo estudante Christopher Reyes Miranda e Elena Pérez, directora do Instituto María Sarmiento. A música dedicada ás famosas Sete Mulheres do Minho, na voz do Zeca Afonso, a…
  continue reading
 
Desta vez a Recomendación Literaria chegounos desde a Escola Pedro Caselles, de Xove. Foi na voz de Xacobo, profesor de Educación Física. No momento do PROXECTO AMIGO emitimos o primeiro traballo co que debutaron nas ondas o día 21 de xuño de 2022. Antón Becerra foi desta vez a primeira voz que nos falou en representación da comunidade educativa do…
  continue reading
 
Abrimos o programa cunha Recomendación Literaria do profesor Luís Escolar, do IES Marqués de Sargadelos. A seguir recibimos a colaboración de Iago Mon, estudante de 1º de Bacharelato, que nos achegou unha nova entrega de Música para o Estudo da Historia. O Espazo RPA estivo dedicado á escritora Eva Mejuto, con motivo da súa visita ao Instituto Marí…
  continue reading
 
Johan é profesor auxiliar de Lingua Inglesa no Instituto María Sarmiento de Viveiro. Por xentileza da Radio Proxecto Amigo (RPA), puidemos reproducir unha entrevista con el. O espazo da Música para o Estudo da Historia viaxou ao Valadouro, desde onde colaborou Laura Prado Chao. O protagonista da primeira entrevista foi Andrés Calderón, estudante do…
  continue reading
 
Yanira Lopes Martíns conduciu unha nova entrega de Proxecto Neo. Coa axuda de Hugo, Sara e Germán, presentaron os seguintes contidos: - a recomendacion literaria de Carmen García, profesora de Lingua e Literatura Castelá. - unha nova entrega da colaboración coa emisora Radio Proxecto Amigo, do Instituto María Sarmiento. - o espazo "Música para o Es…
  continue reading
 
O 387 é un programa de estreas por partida dobre: primeiro unha sección dedicada á Música de contido histórico e despois un espazo de colaboración coa RPA, a emisora educativa do Instituto María Sarmiento. Ademais da tradicional recomendación literaria, que nesta semana nos trouxo Maite Lanza, viaxamos aos Peares para falar con Germán, Sara, Hugo e…
  continue reading
 
Nuria Ramos Cuba regresou ao programa e fíxoo ao estilo Masa Coral: coa roupa de traballo e a disposición para colaborar. Súa foi a primeira das entrevistas, a que tivo como protagonista o profesor Francisco Basanta Barro (unha das grandes referencias do deporte galego, tanto como futbolista como preparador técnico). Despois das palabras do coordin…
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida