Proxecto Neo público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Artwork
 
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pilula das Ciencias. Immediamente a seguir recordamos que o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, ademais de visibilizar e aumentar a conciencia social so…
  continue reading
 
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, a Pilula das ciencias, a Palabra do mes e A micro aberto. Inmediatamente despois entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado as relacións afectivo-sexuais. A primeira das entrevistas foi con Sandra Dolores Fernández Otero, enferme…
  continue reading
 
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día, A Pílula das ciencias e a sección O corpo fala. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñéndovos os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Belanice e de Mauro. O progra…
  continue reading
 
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Leonor e de Isaías. Co gallo do mes da Ciencia en galego, …
  continue reading
 
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro imos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Manel e de Seynabou. O primeiro convidado desta tarde foi Fran…
  continue reading
 
Temos o primeiro programa especial Radio Saúde Burela desta temporada. Conversamos con Ainara Díaz Geada, enfermeira, doutora en Saúde Pública e Epidemioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa como docente. As súas investigacións céntranse na influencia das desigualdades en saúde nos comportamentos de risco para a saúde das…
  continue reading
 
Neste programa nº 466, tivemos dúas entrevistas no estudio. Na primeira, conversamos con Mario Pillado Mon, actual tenente de alcaldesa en Burela polo Bloque Nacionalista Galego e adestrador do filial e xuvenil feminino do Burela Fútbol Sala. Con el falamos dos seus inicios, do seu gusto pola política e do seu compromiso coa mocidade e coa inmigrac…
  continue reading
 
Especial Día das escritoras O programa foi unha oportunidade para celebrar a creación literaria feminina. Por iso tamén contamos cun espazo dedicado á poesía feita por mulleres nas dúas beiras do Miño. A galega Silvia Penas e a portuguesa Sílvia Mota, dúas voces con estilos distintos, mais unidas por unha mesma linguaxe, a da palabra que transforma…
  continue reading
 
O pasado 30 de setembro celebramos o día da tradución, e desde Proxecto Neo, sumámonos ao recoñecemento dunha profesión esencial para construír pontes entre culturas e facilitar o diálogo. Na primeira entrevista desta tarde conversamos con Elena Valle, ex-alumna do IES Perdouro de Burela que actualmente exerce de traductora, correctora e localizado…
  continue reading
 
Hoxe traemos unha entrega moi especial, porque imos viaxar a través das palabras, das linguas e das súas pontes. A semana pasada celebramos o Día Europeo das Linguas e non queriamos deixar pasar a ocasión de reflexionar sobre a diversidade lingüística, a aprendizaxe e a mediación entre culturas. Para iso, contamos esta tarde con dúas convidadas de …
  continue reading
 
Neste primeiro programa da décima-quinta etapa de Proxecto Neo, contamos con dúas entrevistas. Na primeira conversamos con Daniel Irimia Gómez, profesor de Bioloxía no IES Perdouro este curso 25-26. Con el falamos de «Ser galego mola», un anuncio do Gadis co que saltou á fama e do seu triunfo como «tik toker» colgando vídeos curtos en galego na red…
  continue reading
 
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo dirixido pola profesora Sonia Rei: A Noticia do Día. Na primeira entrevista conversamos con Alfredo Llano, compañeiro do Dpto de Electrónica e ex-alcalde de Burela. O motivo desta conversa con Alfredo Llano é a súa xubilación. Este foi o seu último ano lectivo c…
  continue reading
 
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo: A Noticia do Día. A primeira entrevista foi conducida por Adrián Piqueras, integrante da masa coral Modelo Burela, que conversou co seu avó: José Valle, mais coñecido como Pepe do Caxoto. Pepe do Caxoto é un armador histórico de Burela que conversa co seu neto …
  continue reading
 
Entramos nun programa dedicado ás nosas letras e patrimonio cultural. Mais antes falamos con Tamara Campos e María G. Jartín da plataforma LOITA. Con elas conversamos sobre o necesario servizo de Atención Temperá e apoio dado ás familias en canto a dereitos sanitarios dos nenos e nenas, nais e adolescentes na acompañamento sanitario. Inmediatamente…
  continue reading
 
Entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado a Actividade física e a Atención temperá A primeira das entrevistas é con Rosa Fraga, pedagoga especializada en Atención Temperá. Con ela conversamos sobre os servizos ofrecidos pola unidade de atención temperá co obxectivo de dar apoio ao desenvolvemento infantil e á inclu…
  continue reading
 
Traemos un programa dedicado a Expomar. Na primeira entrevista Ruth e Ana, alumnas do Ciclo Medio de Xestión administrativa conversan con Brais, xerente de Expomar. Na segunda entrevista o alumnado de 4º ESO PDC entrevista a Miguel Neira Pérez, xerente de ABSA, a empresa que xestiona a lonxa de Burela. O terceiro entrevistado foi Sergio López Garcí…
  continue reading
 
Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que pratica a arte da improvisación oral. Inmediatamente despois Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela viñeron falarnos de Galefusión, un proxecto de dinamización linguística. Xa na última parte do programa recibimos novamen…
  continue reading
 
Traemos un programa dedicado ao mar e aos mariñeiros. Un tema moi vinculado a Burela. Na primeira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC conversa con Balbino Trelles. Con este mariñeiro xubilado falamos sobre como era a vida nun barco e a importancia de coñecer ben o mar e as rochas. Na segunda entrevista o alumnado de 3º ESO PDC foron ata a Moncloa d…
  continue reading
 
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das ciencias, e co podcast de "Aulas sen fume" do alumnado de 1º de ESO A. Chegamos ao último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión o tema é a saúde mental e emocional. Con Cristina Lastra, psicóloga especialista en …
  continue reading
 
Neste programa especial Día do Libro, tivemos varias suxestións e recomendacións literarias. Falamos dos clubes de lectura. Na parte central do programa conversarmos con Raquel Miragaia sobre a reedición do seu primeiro romance: "Diário Comboio". Xa parte final contamos, "Un libro en 10 minutos", un podcast realizado polo alumnado de literatura uni…
  continue reading
 
No pasado día 6 de abril celebrábamos o Dia do Deporte e por iso hoxe falamos con David Rial Bello, adestrador do Burela FS. A seguir viaxamos ate Valencia para conversarmos con Blas Valleres, profesor de Historia do IES Berenguer Dalmau de Catarroja. Con el falamos da situación en que se encontran despois da Dina.…
  continue reading
 
Nesta ocasión viaxamos ate Francia para conversarmos con Sara Villarquide e Hugo Fernández, dous integrantes da masa coral Modelo Burela e a súa profesora Karina Parga. Con eles conversamos sobre o intercambio que realizaron nas semanas pasadas co Collège Le Landry en Rennes, na Bretaña. Con eles tamén viaxamos ate París para que nos contem que vis…
  continue reading
 
Temos unha nova entrega de Rádio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao Plano de Obesidade. A primeira das entrevistas será con Alicia Rama García, traballadora social e Cristina Varela Penas, terapeuta ocupacional. Ambas, traballan na Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS) sendo as Responsables da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte d…
  continue reading
 
Os espazos colaborativos (A Noticia do Dia e Pilula das ciencias) abriron o programa 449 de Proxecto Neo. Inmediatamente a seguir viaxamos ate Viana do Bolo para conversarmos con Xulio Vizcaya e Ester Veiga, responsábeis de Mel do Trevo. Na primeira parte da entrevista conversamos co Xulio e a Ester sobre as súas orixes e o seu percurso vital e lab…
  continue reading
 
A primeira das entrevistas é con Cristina Palacios Castro, traballadora social e docente, foi unha das fundadoras da Asociación Arelas coa que falamos de Arelas, asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia que naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunid…
  continue reading
 
Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis. Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a p…
  continue reading
 
Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Quer…
  continue reading
 
Entraremos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentaçión e o sono. A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela.Con Juan Jos…
  continue reading
 
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a re…
  continue reading
 
Como temos por costume, esta tarde abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro, no Perdouro. Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde onde conver…
  continue reading
 
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do…
  continue reading
 
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, conversamos con Bernardo Penabade sobre a súa viaxe a Cabo Verde no pasado mes de novembro. Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Acompañamos o seu percurso polas illas deste …
  continue reading
 
Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e Horrografía. Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables. O fereceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaborador…
  continue reading
 
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e A pílula científica Comezamos o programa desta tarde conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares de Galicia cunha entrevista a Manuel Riveiro. Con quen falamos sobre o seu libro “Universo Aurora Sampedro”, onde fai un repaso sobre a vida d…
  continue reading
 
Comezamos o mes de decembro facendo divulgación das actividades celebradas á volta do 25 N. A primeira delas chegou do profesor Fernando Losada, unha crónica introducida por Miriam Beizena Vigo e realizada polo alunado de 1º de BAC que viaxou a Santiago de Compostela para participar nun acto institucional organizado pola Consellería de Igualdade. I…
  continue reading
 
Como temos por costume, abrimos o programa cos espazo colaborativo: A noicia da Semana. Inmediatamente despois, como todos os últimos mércores do mes tivemos unha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión estivo dedicada á denuncia da violencia de xénero. Acompañáronnos no estudio dúas convidadas: Rocío Valle Fraga, asesora xurídica do CIM …
  continue reading
 
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomia. Inmediatamente despois, por xentileza do profesor Bernardo Penabade, que estes dias está em Cabo Verde, ouvimos unha magnífica entrevista co director da escola Agrupamento II Complexo Educativo do Salineiro, na illa…
  continue reading
 
Esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Imediatamente depois oímos os dous audiorrelatos finalistas do Samaín, feitos polos alumnos Alba Fernández Quelle, de 1º de bacharelato, e Abraham Díaz Palacios, de 4º PDC. Na parte central do programa de hoxe conversamos con Javier Mirand…
  continue reading
 
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural. Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira…
  continue reading
 
O programa 433.14 foi, novamente, un monográfico dedicado á atención sanitaria. Coa axuda de Catalina Caamaño, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela, conversamos con Alicia Rama. Alicia Rama García, traballadora Social no Servizo Galego de Saúde, é unha das responsábeis da Rede Galega de Promoción de Saúde na Área Sanitaria de Lugo. Feita esta …
  continue reading
 
Abrimos o programa 432 cos espazos colaborativos: “a noticia do día”; e a crónica dunha viaxe educativa a Samos. Esta crónica foi unha nova colaboración do profesor Fernando Losada. Despois de viaxarmos ao Cebreiro e a Samos, regresamos á Mariña para conversarmos cun deportista convaleciente. Ese deportista convaleciente dunha lesión de gravidade c…
  continue reading
 
Abrimos o programa 431 con Xema Sanxurxo, colaboradora de Proxecto Neo e Coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Con Xema Sanxurxo, coruñesa, falaremos de ensino, de música e de moitos outros temas. Despois de estarmos con Xema Sanxurxo, que foi entrevistada por Moustaphá Sarr, recibimos a visita de Jose, que se define como “Proxecto d…
  continue reading
 
A primeira convidada do programa desta tarde foi a nosa compañeira Shiva Alinda Nurhackin. Shiva estivo mostrando estes días a súa obra artística no programa “Quen anda aí?”, da Televisión de Galicia. Grazas ao programa da Televisión Galega, Shiva retomou o contacto cunha amiga da infancia e nós tamén falamos esta tarde con ela. Chámase Johana Haz …
  continue reading
 
Abrimos o programa desta tarde coa colaboración do profesor Fernando Losada, que nos fixo crónica da visita educativa con alumnas e alumnos de bacharelato ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Despois da colaboración do profesor Fernando Losada e da primeira das músicas, conversamos con María García Abad, estudante de Artes. Con Marí…
  continue reading
 
Abrimos programa en conversa cun estudante do bacharelato de Ciencias. Chámase Yago Fernández Rubiños. O noso convidado practica pintura na Academia Mancharte, fai teatro na ADALA de Fazouro e é voluntario na Cruz Vermella de Burela. A segunda convidada, que nos acompañou no estudio, foi a profesora de Economía, Lara Oliveros Ben. A profesora Lara …
  continue reading
 
Abrimos a décimo cuarta etapa cunha entrevista a unha das nosas colaboradoras: Catalina Caamaño Isorna, farmacéutica do Centro de Saúde de Burela. Con Catalina Caamaño falamos primeiro de diálogo entre culturas. E despois presentamos unha actividade moi directamente relacionada coa saúde: A Semana da Mobilidade. O ámbito da Saúde tamén estivo repre…
  continue reading
 
Abrimos este derradeiro programa do curso 2023-2024 cunha entrevista moi especial, producida e realizada por un estudante que acaba de superar o primeiro curso do Ensino Secundario. Iago Rodríguez é o discípulo e Pablo Peláez Campos é o mestre. O tema: a música. Neste programa tivemos tamén tempo para a celebración do máis universal dos CARBALLOS. …
  continue reading
 
Abrimos o programa 425 cun novo traballo preparado polo profesor Fernando Losada. Desta vez foi unha reportaxe sobre un encontro entre dúas xeracións. Un paseo por Burela, organizado pola Cruz Vermella coa colaboración do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da audición desta reportaxe sonora, falamos da oferta educativa de soldaduras, tornos…
  continue reading
 
Abrimos o programa 424 cunha conversa con María Navarrete, Educadora Emocional. A profesora da Universidade de Manresa está estes días traballando con adolescentes, familias e profesorado do Instituto Perdouro. Inmediatamente despois da conversa con María Navarrete, entramos en contacto con Gustavo Teodoro, do Instituto Lucus Augusti, para falarmos…
  continue reading
 
Esta semana comezamos coa emitisión dun novo traballo do profesor Fernando Losada que nos ppermitiu ouvir as recomendacións literarias realizadas por 7 alumnos e unha alumna do 1º curso de Ensino Secundario. Román, Cyntia, Gabriel, Senén, Iago, Yeray, Raúl e Adrián. Moitísimas grazas. E moitísimas grazas tamén para o noso profesor Fernando Losada. …
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida

Escucha este programa mientras exploras
Reproducir