Pance público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Non escoitaches aínda falar das pancas de Joan Laporta e das novas fichaxes do Barça? Si, isto é Facemos Historia, unha viaxe no tempo que agora tamén é un podcast deportivo. Xa será menos! Aproveitamos toda esta polémica que se xerou a partir das pancas, o recurso financeiro que empregou o presidente do Barcelona para poder atopar liquidez e poder…
  continue reading
 
Obxectivo Birmania é título dun filme militar americano da II Guerra Mundial. Tamén é o nome dun grupo musical español pop que tivo o seu momento de gloria a fins da década dos 80. Mais para nós é a oportunidade de achegármonos a este país asiático. En decembro de 2021 coñecíamos a nova sobre a condena de prisión de Aung San Suu Kyi. Líder do gober…
  continue reading
 
Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 6 A Primeira República (proxecto de constitución federal e cantonalismo). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 6, parte práctica). Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation…
  continue reading
 
Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 5 A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869. Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 5, parte práctica). Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (h…
  continue reading
 
Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 4 A construción do Estado Liberal (principios do liberalismo e diferenzas entre as diferentes familias políticas). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 4, parte práctica). Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacL…
  continue reading
 
Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 3 A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do reinado). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 3, parte práctica). Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation…
  continue reading
 
Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 2 As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812. Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 2, parte práctica). Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http…
  continue reading
 
Orientacións e contidos mínimos para poder resolver a composición de textos nº 1 A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica). Serie: Historia de España de 2º de Baharelato (tema 1, parte práctica). Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation Mar…
  continue reading
 
Cales foron as causas que provocaron a Guerra de Sucesión tras a morte de Carlos II en 1700? Por que esta guerra foi ao mesmo tempo un conflito bélico internacional e unha guerra nos reinos hispánicos? Que bandos se enfrontaron? A que se denomina Paz de Utrecht? A que acordos se chegaron ao fin da Guerra? Que relación existe entre a chegada dos Bor…
  continue reading
 
Cal foi o contexto en que se produciu a sublevación militar que deu comezo á Guerra Civil en 1936? Como se organizou este golpe de de Estado? Que apoios sociais, políticos e ideolóxicos tiñan os golpistas? Por que ficou España dividida en 2 zonas, unha baixo o poder dos sublevados e outra fiel á República? Cal foi a dimensión internacional da Guerr…
  continue reading
 
Cales eran as principais actividades económicas na Galiza do s. XVII? Que transformacións se deron na agricultura? Por que a pesca tivo tanta importancia na Galiza deste período? Que significa que a sociedade galega estaba articulada arredor da renda? A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do e…
  continue reading
 
Cales foron as principais reformas que se levaron a cabo na II República española? Cal foi o motivo para abordar estas reformas? Que consecuencias tiveron? Ten algunha relación este ambicioso programa de reformas co golpe militar do 36 e o estalido da Guerra Civil? A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio. Se queres acceder…
  continue reading
 
Cal foi o contexto político, económico e social que está detrás da proclamación da II República? Que forzas políticas tomaron parte? Que ideoloxía e con apoios sociais contaron? Que características presenta a Constitución que aprobaron en 1931? A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio…
  continue reading
 
Quen foi o conde-duque de Olivares? En que consistiron os proxectos de reforma que tentou levar a cabo durante o reinado de Filipe IV? Por que se produciron en 1640 as rebelións de Cataluña e de Portugal? En que situación ficou a monarquía hispánica a fins do s. XVII? A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio. Se queres acce…
  continue reading
 
Que provocou que os reinos hispánicos entrasen en recesión e contracción económica no s. XVII? Por que se produciu un descenso da poboación nos territorios hispánicos, en especial no reino de Castela? Víronse todos os sectores económicos afectados por igual na crise do s. XVII? Cales foron os problemas da facenda real e que consecuencias tiveron? A…
  continue reading
 
Que territorios herdou Carlos de Habsburgo, que o converteron na cabeza do imperio máis grande visto en Europa? Cales foron os obxectivos que guiaron a acción do emperador, Carlos V? Que mudanzas aconteceron no imperio hispánico de Carlos V a Filipe II? A que problemas tivo que facer fronte Filipe II? A estas e outras preguntas tentaremos dar respo…
  continue reading
 
Da serie: Historia de España de 2º Bacharaleto (HTA) Que mudanzas están detrás da aparición do Neolítico? É correcto utilizar a expresión Revolución Neolítica? Por que se produciron estas transformacións? Estánse a producir novos avances na interpretación deste período histórico? A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio. Se…
  continue reading
 
Por que non atoparedes unha historia de España que non aborde o tema dos Reis Católicos? Por que se consideran un referente da historia e da unidade de España? Por que hai quen sitúa a orixe da España actual no seu reinado? Que signfican os conceptos monarquía autoritaria ou unidade dinástica que se lle atribúen? Tanto monta, monta tanto, Sabela co…
  continue reading
 
Por que se produciu un brusco descenso da poboación no s. XIV? Que sectores económicos se viron afectados pola crise na Baixa Idade Media? Que motivou a forte conflitividade social neste período final da Idade Media? Quen foron os Irmandiños? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio,…
  continue reading
 
1. Que entendemos por Reconquista? 2. Que significa que se fale de diversos modelos de repoboación na Península Ibérica durante a Idade Media? 3. Que ten que ver a construción do Estado liberal en España no s. XIX coa idea da Reconquista e Repoboación? 4. Se na Galiza non se pode falar para a Idade Media nin de Reconquista nin de repoboación, é que…
  continue reading
 
1. Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica? 2. En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus? 3. Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media? 4. Foi Galiza ocupada polos musulmáns? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste ep…
  continue reading
 
1. Quen foron os visigodos? 2. Que características presenta o reino que fundaron na península? 3. Por que este reino se desintegrou tan rapidamente trala derrota na batalla de Guadalete fronte as tropas musulmás no ano 711? 4. Temos que saber toda a listaxe de nomes dos reis godos? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.…
  continue reading
 
1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica? 2. Como organizaron os romanos este territorio? 3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano? 4. Que se entende por romanización? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste epi…
  continue reading
 
Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos? Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa? Viaxemos até o 218 a.C. para responder a estas preguntas. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉ…
  continue reading
 
A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Benvidas/os a este serie onde imos abordar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Este é o episodio 1. Lembra, que se prefires, pódeste subscribir …
  continue reading
 
“O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Pois sobre esta materia, a historia de España, a historia da Galiza no ensino obrigatorio, vai este episod…
  continue reading
 
Aproveitando esta fin do verán, comentámovos o que non estivemos a facer neste tempo e que é o que SI imos facer na nova xeira de Facemos historia, que comeza en setembro. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS M…
  continue reading
 
EPISODIO 03. TEMPORADA 02 Quen non escoitou algunha vez, nas aulas de historia do instituto, a pregunta de se había que saberse as datas. Quen non dixo a si mesmo: a ver se non, a ver se non!. Estudo de historia e chapatoria aparecían moitas veces unidos, froito dun ensino tradicional que enfatizaba ou esixía esa aprendizaxe memorística. Neste epis…
  continue reading
 
EPISODIO 02. TEMPORADA 02 Mínimos para unha historia de Galiza Non vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións. Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que n…
  continue reading
 
EPISODIO 01. TEMPORADA 02 Non pasamos as vacacións nun pazo, mais comezamos, ás portas de un, esta 2ª xeira de Facemos historia. Volvemos cun episodio apegado á actualidade. O Pazo de Meirás, a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco, a súa explícita intención de facer apoloxía do franquismo, as continuas e ilegais limitacións de acceso…
  continue reading
 
EPISODIO 23. TEMPORADA 01 Chegou o verán, un tempo ideal para nos mergullar non só nas moitas praias do noso país, senón tamén nos podcasts. Co noso móbil e uns auriculares ábresenos un mundo de posibilidades. E con este epiodio 23 chega ao seu fin unha primeira tempada na cal viaxamos no tempo, do século XV ao XXI, así como de París a Ourense ou d…
  continue reading
 
EPISODIO 22. TEMPORADA 01 Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa. Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario…
  continue reading
 
EPISODIO 21. TEMPORADA 01 Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe…
  continue reading
 
EPISODIO 20. TEMPORADA 01 Un 25 de abril de 1467 producíase a toma e o derrubamento de Castelo Ramiro, en Ourense. Hai, exactamente, 550 anos, unha data redonda, mais que pasou inadvertida tanto para os medios de comunicacións como para a axenda institucional do noso país. E por que é tan importante este acontecemento? Castelo Ramiro é a primeira d…
  continue reading
 
EPISODIO 19. TEMPORADA 01 En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, q…
  continue reading
 
EPISODIO 18. TEMPORADA 01 100 anos. Xa pasou un século desde a revolución rusa. Falando así parece que só houbo unha, a de outubro de 1917, a bolxevique, a que deu paso ao primeiro estado comunista da historia. Mais a revolución rusa foi un longo proceso, que hai quen o estende case 100 anos, desde as revoltas de 1860 até a morte de Stalin en 1953,…
  continue reading
 
EPISODIO 17. TEMPORADA 01 Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en so…
  continue reading
 
EPISODIO 16. TEMPORADA 01 Sofía Casanova narrou de primeira man a I Guerra Mundial aos lectores do diario ABC. Foi a primeira muller contratada coma correspondente fixa, e desenvolveu o seu labor para este xornal madrileño entre 1915 e 1944. En Polonia, en Bielorrusia e en Moscova vivirá algúns dos acontecementos que marcan o século XX: a xa citada…
  continue reading
 
EPISODIO 15. TEMPORADA 01 O 28 de xuño de 1914 eran asasinados en Saraievo o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa dona Sofía Chotek. Dise que as últimas palabras de Francisco Fernando foron: “Non pasa nada, non pasa nada”. Mais os acontecementos que se sucederon despois parece que non lle deron a razón, até o punto…
  continue reading
 
EPISODIO 14. TEMPORADA 01 Entre 1870 e 1914 o mundo vive un período coñecido coma Paz Armada. Unha etapa delimitada por dúas guerras, a franco-prusiana de 1870 e a Grande Guerra, a I Guerra Mundial, que comeza en 1914. Malia o que indica o nome, non foi un período sen conflitos bélicos, que con diferente intensidade, terán lugar a longo das catro d…
  continue reading
 
EPISODIO 13. TEMPORADA 01 O mundo mudou no s. XIX. Asistimos a unha verdadeira revolución en todos os eidos: demográfica, agrícola, industrial, política, de transportes, etc. Nada volverá ser o mesmo. E o planeta vai ser repartido, colonizado, entre as principais potencias mundiais, na súa práctica totalidade europeas. África e Asia, coas súas sing…
  continue reading
 
EPISODIO 12. TEMPORADA 01 Entre fins do 1884 e principios de 1885 os principais países europeos máis os EE.UU. reuníronse en Berlín. O obxectivo, nas palabras do organizador, Otto Von Bismark, chanceler de Alemaña, era promover a civilización dos africanos, abrindo o interior do continente ao comercio. Mais o que alí aconteceu foi a repartición dun…
  continue reading
 
EPISODIO 11. TEMPORADA 01 Acompañamos a Henry Morton Stanley na súa viaxe até o interior de África na busca do Dr. Livingstone. Presenciamos o famoso encontro acontecido en novembro de 1871, e que coñecemos a través do artigo publicado no New York Herald, do cal era xornalista Stanley, así como dos diarios de Livingstone. A partir da personalidade …
  continue reading
 
EPISODIO 10. TEMPORADA 01 Achegámonos ao último terzo do s. XIX, á Era do Imperialismo, tal como a denominou o historiador británico Eric Hobsbawm. E a partir da configuración dos grandes imperios coloniais, reflexionamos sobre o poder das palabras, dos conceptos, para construír realidades. Viaxaremos no tempo na busca do imperialismo, colonialismo…
  continue reading
 
EPISODIO 09. TEMPORADA 01 No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias e…
  continue reading
 
EPISODIO 08. TEMPORADA 01 A Revolución Francesa foi un proceso longo, que se estendeu por un período de 10 anos, entre 1789 e 1799, aínda que hai historiadores que inclúen tamén nela o período napoleónico (até 1815). A través da vida de Olympe de Gouges, mergullámonos nas diferentes etapas deste proceso revolucionario.…
  continue reading
 
EPISODIO 07. TEMPORADA 01 1789 é para a historiografía un ano singular: marca o comezo da Revolución Francesa, mais, ao mesmo tempo, da Idade Contemporánea. Neste episodio analizaremos o simbolismo desta data e dalgúns dos acontecementos que tiveron lugar. Por outra banda, preguntarémonos sobre as causas que levaron a que neste ano comezase a Revol…
  continue reading
 
EPISODIO 06. TEMPORADA 01 A morte de Carlos II sen descendencia vai provocar unha guerra para determinar a sucesión ao trono hispánico. A Guerra de Sucesión é un auténtico conflito internacional onde se dirime a hexemonía política en Europa. Ao mesmo tempo é unha guerra civil dentro dos reinos hispánicos, de onde vai saír triunfante Filipe, candida…
  continue reading
 
EPISODIO 05. TEMPORADA 01 Viaxamos desde a actualidade das eleccións nos EE.UU. até a segunda metade do s. XVIII, onde analizaremos como os habitantes das trece colonias británicas en Norteamérica erguéronse contra o poder da metrópole e constituíronse nun novo país, o primeiro rexido polos principios da Ilustración, cunha Constitución escrita que …
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida