Café Derby 21 público
[search 0]
Más

Download the App!

show episodes
 
Loading …
show series
 
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades…
 
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaio…
 
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén s…
 
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, …
 
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) acheg…
 
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades. Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pring…
 
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido. Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide …
 
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo. Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xe…
 
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque e…
 
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada. Así arrin…
 
Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un…
 
A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis difícil, polo tanto significativo, arrincarlles palabras boas. As malas non, esas téñenas sempre a man e en pista de despegue. Por…
 
Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me quere? Todas estas frases que remiten a sentimentos son exercicios dramáticos case de teatro, ou de feito son de teatro, pero que axudan a entender as nosas emocións. Para rachar co establecido como se…
 
Hai algo no misterio que nos invita á obsesión, a pensar e repensar e percorrer os camiños que outra xente xa percorreu na procura dunha resposta. Resolver un misterio é, desde o comezo dos tempos, unha constante no ser humano. O misterio da vida, o misterio do pensamento, o misterio da alma, o misterio de onde está aquel pantalón que mercache vai …
 
Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar á princesa ( e moi moi rara vez ao príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus obxectivos e o xeito de acadalos, pero case todxs nós temos un especial interese por algún. É dicir, desde aquelas primeiras palas…
 
Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a sorte de atoparnos no seu espazo e ser testemuñas do seu poder. Quedamos prendados pola súa maxia, por esas vidas tan únicas que son capaces de unir xeracións de admiradores. A directora, actriz, produ…
 
Deixando de lado o sentido común, o ser humano posúe cinco sentidos. A vista, o tacto, o olfacto, o oído e o gusto. Este último, en concreto, é no que nos quixemos centrar para este programa. As nosas papilas gustativas actúan diferente, a uns gústanlles cousas que a outros non, e son capaces de facernos chorar de picante ou encoller a cara por ama…
 
Pode ser que a Historia sexa escrita por quen gaña, pero que grazas á investigación e divulgación pode ser mudada e aberta a outros ollares tamén é unha certeza. Isto de feito pasa na actualidade, con mellores ou peores consecuencias e xerando numerosos debates, xustos ou non. Porque a Historia é así, un relato que se adapta a formatos e discursos …
 
O rock está morto ou iso din os máis seguidores do xénero, comunmente os que romantizan anos dourados e grupos extintos desatendendo ao panorama actual e rexeitando calquera idea sobre que algo presente, do agora, sexa tan bo como o pasado. Son os clásicos. Tanto é así que a mesma xente repítese en radios, emisoras menos mainstream, playlist de pla…
 
E chegamos ao último programa do 2021! Dous días atrás era xaneiro e non asomaban nin de lonxe as horas e horas de conversas que nos quedaban por diante. Quizais xa non somos tan novatas. Este ano foi o dos estouridos e fenómenos, de éxitos en moitos ámbitos, por iso queremos pechar o ano acompañadas pola Palabra do Ano segundo unha enquisa da RAG.…
 
A xestión dos nervios é unha desas cousas persoais que debemos respectar uns dos outros e, en certo modo, entrenar e dominar. É útil para cando toca, que sempre toca, iso é inevitable. Non saber xestionar ese estrés ou angustia ou bule-bule no corpo pode dar en consecuencias físicas. A persoa convidada esta semana disto sabe un pedazo. Primeiro, po…
 
Poñamos que este programa é un cadro, e non no sentido cómico. Tería que ser de cores fortes, verdes e azuis e vermellos, con moita acción, case unha estampa de guerra, pero con espazo para a bondade, como a dunha nai ou avoa. Este sería un cadro frenético, cheo de referencias, e incluso cun punto festivo. E só se me ocorre que este programa fose, …
 
Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo. Para manter o listón alto, acorde á ocasións cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo A…
 
EN DIRECTO DESDE O CULTURGAL! Esta semana collemos o directo feito no pasado Culturgal para compartir coas persoas que non estiveron presentes o que foi aquilo. Pese aos erros técnicos, o ambiente caldeouse e a o público que se achegou ata nós asegurou levar unhas risas e un par de cousas. Lamentamos os erros técnicos que poida haber (alleos ao nos…
 
Internet aínda non é o suficientemente vella como para que se xubile a xente que vive grazas a ela. Non falamos de informáticos ou enxeñeiras, senón diso que agora chaman creadores de contido. Así como as estrelas do fútbol ou o cine se retiran, tamén nalgún momento esa xente que sale en YouTube debe facelo. Para falar sobre pegadas dixitais e xubi…
 
Ai, o odio! Esa forza da natureza que experimentamos todxs nós de vez en cando conducindo, na cola do supermercado ou cando alguén evita unha discusións. Pequenos instantes na vida nos que comprendemos a todos os malvados das series de debuxos, acabarei co mundo porque é máis sinxelo que acabar con isto que sinto. Para falar de odio, frustración e …
 
Ah, a amizade! Que bonito concepto tan difícil de explicar pero que a maioría da xente, por non decir todo o mundo, ten experimentando algunha vez na vida. Segue sendo un dos grandes misterios do ser humano explicar o por que dese gregarismo, desa necesidade do outro, da compañía. A amizade leva inspirada moita arte, desde cadros a cancións, pero t…
 
Fai xa unha semana ou máis que se vén falando de de tumbar a antiga (e presente) reforma laboral para mellorar as condicións vitais, así en xeral. Non, non nos poñernos profundas nin imos afondar en datos e informes, nin tan sequera falamos diso neste programa. Pero simultaneamente, o Festival Internacional de Cine de Xixón anunciou que estreará na…
 
Ás veces o bo tarda en chegar e o programa desta semana é a proba diso. Logo de varios intentos, logramos reunirnos no programa cunha estrela do presente e do futuro: Carolina Iglesias‼️ A semana pasada recibiu xunto a Victoria Martín o premio Ondas a mellor podcast nacional por «Estirando el chicle», xusto no día que íamos gravar. De feito Carles …
 
Volvemos para unha segunda tempada! E para iniciarnos, ou case, quixemos pedir consello a unha eminencia do entretemento e a comunicación: Xose Ramón Gayoso. Nesta posta de cara a estrea definitiva a punto recibimos case unha masterclass e xunto a el aprendemos sobre bondade, humildade e todo o necesario para sobrevivir tantos anos no número #1. Ta…
 
Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast comeza as súas vacacións de verán. Para facelo por todo o alto e non fallarlle ao espírito que tanto pregonamos, contamos con vellos e n…
 
Desde non moitas xeracións ata as presentes a tecnoloxía foi adquirindo un rol protagonista, sendo parte incluso da familia, en moitos aspectos ademais do informativo ou do entretemento. Non só os actuais teléfonos intelixentes ou dispositivos similares, tamén os ordenadores dos que tiñan cu cara atrás e a televisión cando aínda non tiña máis de dú…
 
É dificil saber onde remata o amor propio e comeza o egocentrismo. A querencia polo eu pode chegar a ser perigosa pero é algo que debemos facer, máis aínda cando fuximos do establecido ou rachamos con aquelo que chamaron canon e cada día pesa menos. Deste autodescubrimento e proclamación nace o coñecido como orgullo, sentirte e recoñecerte como alg…
 
Durante séculos as historias para asustar aos meniños incluían a persoas descoñecidas que os raptarían ou pequenos diaños que se lles meterían nos miolos para saber o que pensan. Cousas polo estilo que metían medo para evitar futuros problemas, así era e segue sendo a tradición oral. Curiosamente hoxe en día firmamos e cedemos permisos sobre os nos…
 
Quen non estivo cos ollos fixos nun reloxo agardando a que dese unha hora concreta para refrescar e refrescar sen parar unha páxina web? Ben por un concerto, ben por un videoclip, ben por unha estrea... Todas estas experiencias comúns, algo tan sinxelo como un click, fai comunidade. Poden ser máis ou menos estables, esta, por exemplo, é pouco estab…
 
Hai cousas que van e volven, compórtanse como ciclos e nacen como respostas a outros elementos. Tamén hai outras cousas constantes, menos comúns pero máis fortes e duradeiras. Unha delas é o rock, en grandes letras, que xamais se vai pero que por algún motivo sempre volve. Ou iso din. O mesmo con Italia, como ben demostrou en Eurovisión. Ás veces s…
 
Hai días que merecen celebrarse durante un ano e que, á súa vez, celebran unha vida. As Letras Galegas do 2021 adícanse a Xela Arias, poeta e editora que modernizou a literatura galega rachando co feito ata entón. Xela é puro anos 80 e 90, vibrante e salvaxe, amante do rock e a poesía menos mística e máis maldita. Falou precozmente de ecoloxismo, f…
 
Cantos domingos teremos pasado na nosa vida fronte ao televisor, logo de comer algo pouco recomendable e repetindo diálogos dunha película (xeralmente considerada mala) que sabemos de memoria? Moitas, agardo que moitas. Grazas a un movemento combativo, a cultura noutra hora considerada de baixa altura ou poca importancia agora ocupa un lugar tan di…
 
Hai algo máxico nas reunións arredor dunha mesa para cear ou xantar, tan máxico como cando cociñas para alguén ou agardas con ansia ese domingo de pote ou cocido feito con amor no forno dunha avoa. A comida é algo cultural, social, que nos afecta a todos porque é parte do ser humano e as súas necesidades vitais. Pero segundo a antropoloxía, hai alg…
 
Todos somos cómplices en certa medida cando apartamos a mirada. Escollemos ignorar e non confrontar. É certo que moitas veces a imaxes son difíciles de mirar, desafían os nosos propios límites, pero esa é parte da súa función. Outra cousa é o morbo e a mercantilización da dor e a morte. Sen dúbida a chegada das cámaras e lentes revolucionou para se…
 
Levamos un ano nun mundo que non sabe se está pechado ou en liberdade condicional, pero desde logo que comezamos a notar ou plenamente sentimos que a soidade é moi difícil de xestionar se non é voluntaria. Tamén medrou a preocupación polos seus efectos na saúde mental e xa comprendemos que non é preciso vivir nun lugar duro como as illas Ons para s…
 
Se algo levamos aprendido nos últimos anos é que a representación social é algo importante, positivo e necesario. Aínda que agora o que máis se estile sexa a inclusión das minorías e entregarlles os xustos lugares que ocupan no mundo, coas súas aristas e complexidades, hai outras identidades máis espalladas e comúns que tamén necesitan verse para c…
 
O talento é unha materia prima voluble, líquida e difícil de darlle saída. Atopar esa voz dentro de ti e aceptala é o primeiro paso, os seguintes son probas e erros ata saber o que che gusta e como queres facelo. Moitas veces este talento abarca demasiado, diferentes campos e materias, e rematas por ser alguén sen etiquetas. Sobre todo isto falamos…
 
Sabemos que o poder, como material, adopta moitas formas e é resistente ao paso do tempo. A narrativa ou o relato é unha destas formas de poder que viven en nós, nas nosas tradicións e refráns, e o principal conto que todos repetimos é a Historia, a xeral que glosa libros e libros. Pero nas marxes e sombras quedaron cousas e restos, vidas alleas co…
 
Sempre se dixo, logo de decepcionarse co Goberno ou a sociedade, que menos mal que nos queda Portugal. Durante moitos meses, incluso anos, foi un país posto como exemplo de todo, ou case. Non significa que non o sexa, pero tampouco é (ou foi) sempre así. Vivimos quizais nunha burbulla de irmandade, de prexuízos e esperanzas na que somos criados des…
 
Vivimos rodeados de constantes sinais que nos lembran: ollo, podes morrer e, de feito, vas morrer. E todo o mundo advirte que non debes ter présa por facelo. Pero así como hai constantes recordatorios tamén hai un silencio, unha quietude arredor diso na que os adultos calan e prefiren ignorar estes feitos. Nesa espiral de negación ou ignoración á m…
 
O silencio é un elemento imprevisible. Cando se busca ou se quere provocar rara vez se acada e, polo contrario, aparece no momento menos indicado. Pode ser unha quietude previa á sorpresa, boa ou mala, ou un indicador de vergonza allea, de escarnio público. É unha desas materias fluidas que escapan a control. O medo e a rutina, non por azar, están …
 
Din que a contraparte do amor é o odio, pero na maioría dos casos non son comparables porque carecen da mesma enerxía. O odio, por raro que pareza, soe rematar en indeferenza. O medo é realmemte a outra forza que rivaliza co amor, pois ambas son emocións potentes que alteran o ritmo cardíaco e nubran o pensamento. Casualmente tamén o avance da soci…
 
A cultura popular di que hai un refrán para cada situación, como a discografía de ABBA. Pero tamén é certo que hai un chiste para indignar a cada persoa. Quizais isto pasa porque a xente non logra todavía diferenciar entre humor e burla, entre ser suxeito ou víctima, e así o reflicten moitos debates actuais. Por non falar dos nomes importantes dese…
 
En primera liña de verbena, sexa o pobo que sexa, sempre está ese personaxe que baila o que lle poñan sen importar nin quen canta. Todos ollamos para el pensando en como de bébedo ou tolo pode estar, entre risa e comentario. Esa persoa atópase en éxtase, son os seus días máis grandes do ano e non ten medo de compartirlo. O noso convidado desta sema…
 
Loading …

Guia de referencia rapida

Google login Twitter login Classic login