Rumboia 185 – Os Chavellos – Os Chavellos (2016) (14.38)

14:30
 
Compartir
 

Manage episode 301870745 series 2557780
Por Radiofusión descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
Os Chavellos son un grupo de música tradicional de Pereiras (Mos), composto por músicos procedentes de diferentes estilos. Presentan un espectáculo fresco, dinámico e vangardista cun profundo respecto á tradición oral da nosa terra, xa que logo o repertorio que propoñen é 100% galego, e en galego. Cun claro sabor atlántico, tanto as reinterpretacións de temas senlleiros da tradición galega, coma as composicións contemporáneas levan o selo inconfundible de catro figuras salientables no eido da música tradicional dos últimos vinte anos: Juan Eiras, Salvador Pardo, David Barciela e José Mojy. Cunha sonoridade redonda e uns arranxos que destacan polo seu refinamento,o principal sinal de identidade dos Chavellos é o amor e o respecto pola música tradicional.

142 episodios