Rumboia 176: Xose Luís Miguelez – Esperanza

12:27
 
Compartir
 

Manage episode 294721147 series 2557780
Por Radiofusión descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
Xosé Luís Miguélez é un gaiteiro e saxofonista de Ourense, que foi o primeiro gaiteiro titulado superior en Música Tradicional de toda a península, esta honra acadouna no 2006 despois de ser un dos primeiros en cursar esta titulación no Conservatorio Superior de Música de Vigo e de dar en novembro de 2006 o seu concerto de fin de carreira. Ese concerto é o que se recolleu no disco “Esperanza”, un traballo adicado a súa nai, gravado ao vivo e que editou Dos Acordes. O disco Esperanza de Xosé Luís Miguélez presenta un novo repertorio para gaita galega, baseado en composicións que van, dende a música inspirada na tradición, ata unha linguaxe máis contemporánea. A música de Xosé Luís Miguélez concilia pasado e futuro, historia e presente, soa coma aquelas melodías que os gaiteiros interpretaban porque as aprendían dos programas da radio ou dos vinilos chegados alén do mar. Soa a emigración e a mestura, á posibilidade de facer realidade o soño dos que pedían unha evolución no mundo da tradición. O soño dos que berraban por un futuro ben diferente, aínda que co raigame preso no pasado.

131 episodios