Proxecto Neo 308.10: Radio Milladoiro; Yorel Ladra; Ádila Pereira; Clásicos Libres; Elvira Amieiro.

1:02:14
 
Compartir
 

Manage episode 284749793 series 1315140
Por Proxecto Neo descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
Chéganos a música de Guadi a través dun programa de radio escolar do Instituto do Milladoiro no que interveñen tres novas locutoras: Sara Rey, Lucía Romar e Alba Sueiro. O seu traballo obtivo o premio da Asociación Sociopedagóxica Galega e nós contribuímos á súa divulgación. Xunto con Sara, Lucía e Alba, neste programa son tamén protagonistas Yorel Ladra (Premio Xosé Trapero Pardo) e Ádila Pereira (autora dunha fermosa carta de amor, á que nós lle damos o premio da audiencia). Nesta entrega número 308 recollemos as voces dos Clásicos Libres, o grupo musical con base na Coruña que gañou o premio Musicando Carvalho Calero 2020. Obviamente, tamén escoitamos a peza gañadora do certame. Completamos a emisión cunha entrevista a Elvira Amieiro, de Vila Nova de Lourenzá, que nos aproximou humanamente á obra pictórica de Xulia Minguillón, ao seu cadro que leva por título A escola de Doloriñas e ao universo educativo da parte central do século XX no rural galego.

187 episodios