Ep. 285: FESTIVAL DE PARDIÑAS [Grandes Vozes]

1:01:38
 
Compartir
 

Manage episode 335937741 series 1396766
Por Radio Burela descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
En conversa con Roberto Santamarina, que nos falou en representación da organización do Festival de Pardiñas, fixemos un repaso do programa desta cuadraxésimo terceira edición, que xa está ás portas. Por iniciativa da Asociación Cultural Xermolos das Terras de Guitiriz, a Feira Festa da Música e das Artes é un auténtico modelo de actividade ao servizo da cultura e do desenvolvimento económico local. O programa festivo comeza o día 5 co oitavo certame de Cantos de Taberna e continúa o sábado día 6, coa xornada dedicada ás artes. Despois dun encontro de billarda, Xerardo Fernández Santomé pronunciará o pregón da Mostra de Artesanato. Durante esa mesma tarde aínda se celebrará outra cita deportiva: unha carreira pedestre (de 5km). A partir das dez da noite, chegan catro concertos de diálogo musical entre Galiza, Madrid e Escocia. O prato forte será a actuación de Ruxe-Ruxe. Na xornada dominical do día 7 continúa a Feira de Artesanato e celébrase tamén un Obradoiro de Treboada, coordenado por Oli Xiráldez. Rabeira amenizará a sesión vermú e durante a tarde a oferta está centrada no público infantil: ao espectáculo teatral de Abracadáver seguen unhas noscións de baile tradicional, unha actuación de pandeireteiras e o pregón festivaleiro de Séchu Sende. Á noite, outros catro concertos. Desta vez o diálogo musical terá como protagonistas entre culturas galega e vasca. Os FEsticultores serán os encargados de poñer fin ao festival.

294 episodios