Ep. 233 - CARME RODRÍGUEZ [Grandes Vozes]

59:29
 
Compartir
 

Manage episode 298284507 series 1396766
Por Radio Burela descubierto por Player FM y nuestra comunidad - los derechos de autor son propiedad de la editorial, no de Player FM, y el audio se transmite directamente desde sus servidores. Presiona el botón de suscripción para rastrear cambios en Player FM o pega el URL del feed en otras aplicaciones de podcast.
O Deixe Falar do Grandes Vozes é un espazo de conversa moi viaxeiro. Unhas vezes está na Galiza ou en Portugal. Outras no Brasil, en Cabo Verde ou en Angola ou Mozambique. E aínda outras en calquera lugar do mundo, como por exemplo no oriente asiático ou nos países das nosas respectivas diásporas. Nesta semana permanecemos no lugar en que naceu o noso idioma. Porque somos un programa de ámbito internacional, mais coa Galiza como ponto de partida. E a Galiza celebra nestes dias o seu Día Nacional. Nós queremos celebralo da mellor das maneiras: ouvindo boa música e aprendendo nos minutos de conversa. A nosa convidada do programa 233 é Carme Rodríguez, compositora e intérprete; autora de músicas para o cinema e seriais de televisión; concertista de piano; e cantora excepcional. Carme Rodríguez participou hai apenas unha semana nun concerto dedicado ao quincuaxésimo aniversario da Asociación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, ao ladiño da emblemática Ponte dos Santos. Interpretou só tres temas, mais foron suficientes para que cautivase o público como agora cautivará a audiencia deste programa.

241 episodios