Revista Morcego público
[search 0]
Más
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Primeiro programa do ano 2024, chegamos até unha nova cifra, chegamos na sexta tempada até limites insospeitados! Falamos, como non, de videoxogos e esas lerias, da industria, da conservación das obras dixitais, do novo Prince of Persia, algo de Elden Ring, de Ubisoft... o típico e básico! Vémonos, coma sempre, tamén no YouTube (Aínda que desta vez…
  continue reading
 
De novo aquí, na trincheira dixital, nas ondas visuais, no YouTube, facendo un falangullo sobre videoxogos. Podedes imaxinar de que imos falar: GOTYs, GTA VI, Fntastic etcétera. O derradeiro programa do ano vén con conversas e sorrisos, mesmo con 'face reveals' que tanto prestan. Boas festas, xente! Entrade ben e mellor que ben no 2024.…
  continue reading
 
Coa equipa ao completo, o que inclúe a volta de Sara, comeza de xeito oficial a nova tempada da Gruta de Gizamaluke. Non tivemos todas as cámaras, pero podía ser peor. De novo, falamos de videoxogos: Marvel's Spider-Man 2, Baldur's Gate 3, os GOTY, o GTA VI... e máis. Cada mes, en todas as plataformas habituais de audio (Spotify, Ivoox...) e agora,…
  continue reading
 
Nova tempada, novo formato, novas conversas. A tempada 6 trae versión en vídeo, mais non esquece o audio polo camiño. Agora iremos con menos temas, pero máis palabras para cada un. Desta vez tocou falar do FF XVI, do Blasphemous 2 e un pouquiño (bastante) de como estamos a ver a industria dos videoxogos e as súas comunidades.…
  continue reading
 
FINAL DE TEMPADA! Chegamos ao mes de xullo algo cansos, non imos mintir. Comezamos este camiño con outras cargas laborais e persoais, mais aquí seguimos, tratando de manter a nave no aire e a gruta limpa. Graciñas por seguirdes, por escoitar este falangullo coas orellas abertas e por todas esas mensaxes que van quedando no Discord. Querémosvos! Vém…
  continue reading
 
Imos facer un pequeno especial un tanto monográfico, con todos os eventos que sucederon nos últimos días... que no foron poucos: Xbox, Ubisoft, Capcom, Summer Game Fest... Para a semana, con toda a equipa e con todas as seccións coma sempre! Que non somos nós de cambiar moito e xa anda o final de tampada aí ao fondo!…
  continue reading
 
Pois nada, o Día das Letras Galegas gravamos e deixamos un programiña con Link como protagonista, claro, como non podía ser doutro xeito. É un chisco máis curto que os habituais porque son tempos duros de traballo, pero volvemos en 15 días con máis forza que nunca. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Zelda: Tears of the Kingdom…
  continue reading
 
Antes de nada, desculpade algúns tramos nos que escoitaredes o programa algo robótico, mais a conexión (R, ti, si) non quixo axudar! Porén, seguimos vivas, coma sempre, tentando traer a información máis relevante do mundo dos videoxogos até as rúas orellas. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non…
  continue reading
 
De volta unha semana máis, xa en primavera, coa Semana Santa pasada e con todo un programa por diante. Non imos enganar a ninguén: a actualidade non deu para moito, pero éche o que hai. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Vanquish, Mario Kart 8... Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non
  continue reading
 
Novo capítulo, nova aventura, nova viaxe polas ondas e polas novas da industria do videoxogo. Ollo! Para a semana, en principio, hai descanso por mor de mudanzas e novas sedes para a Gruta de Gizamaluke! Non esperes esperta! Novas da semana A que estamos a xogar? :: Bioshock, RE 4 Remake Demo... O Discord Opina :: Personaxe feminino favorito dos vi…
  continue reading
 
Último programa do mes de xa... febreiro! Vai o ano fostiado! Avanzamos e falamos das últimas novidades da industria do videoxogo, comentamos as nosas aventuras e os nosos soños. Novas da semana A que estamos a xogar? :: Atomic Heart, Elden Ring O Discord Opina :: Que consola recomendarías? Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Seguimos camiñando e navegando polo mes de febreiro, traendo a actualidade máis importante dos últimos días. Ollo, que gravamos antes do Direct de Nintendo, se non hai referencias é porque somos viaxeiras do tempo, pero mal, que non somos quen de ir cara adiante. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Volve o clásico, o man a man, Charlie vs. Ana, a parella de ouro, Oliver e Tom Baker, Rasca e Pica, inimigos íntimos, amigos descoñecidos. Repaso á actualidade máis inmediata, cousiñas varias e rematamos xaneiro como ten que ser. Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Volvemos logo dunha semana en silencio, pero comezando o ano, comezando o 2023 con forza. Iso si, este é un man a man entre Ana e Charlie, que teñen grandes plans para o ano Novas? (Resumo do ano pasado e previsións futuras) A que estamos a xogar? O DIscord Opina :: Pikachu vs Mario vs Avoas Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Seguimos vivas, seguimos vivos e con gana de falar de videoxogo. Dixemos ao principio da tempada que iamos facer episodios máis curtos... mintimos. Sexa como for, aquí estamos para querervos e informarvos. Novas do día A que estamos a xogar? O Discord Opina :: Pokémon e lembranzas Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Pois nada, seguimos vivas e seguimos dándolle a lingua. Desta vez non traemos moitas novas, pero si que son desas das que dan de falar, reflexionar e parolar. O equipo ao completo, que non sempre podemos, pero cando sucede somos moi felices. Novas da semana A que estamos a xogar? (Scorn) Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non…
  continue reading
 
A cousa avanza, a tempada tamén. Ana chega de San Diego, da Tiwtchcon, para facernos a súa crónica case ao vivo, con jet lag incluído. Abrimos orellas e abrimos as bocas, que hai que escoitar e hai que parolar, como vén sendo habitual. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Cuarto capítulo xa. Podemos dicir que estamos xa no proceso de mantemento de motores, que xa pasamos o inicio e o síndrome pos vacacional. Vivas e vivos. Estamos de volta ao cen por cen (pero sen Ana, que voa a San Diego) Novas da semana A que estamos a xogar? Non sabemos de videoxogos Polo si ou polo non…
  continue reading
 
A nave saca as velas de novo, aínda que só temos dous tripulantes. Seremos quen de chegar a terra? Ou mellor... de entras até o fondo dela polas galerías da Gruta? Maloserá. Novas da semana A que estamos a xogar? O Discord Opina Polo si ou polo non Vémonos ou escoitámonos en sete días como sempre! Bicos e apertas!…
  continue reading
 
Comezou a quinta tempada! Un lustro facendo falangullos, cinco anos ao carón do micro! Agardamos que sigades aí, coa mesma gana que nós, que xa tiñamos emoción por volver falar e escoitar. Novidades? Algunha. Pero a máis notable é que agora o programa estréase os xoves no Patreon e os sábados en aberto. Alén diso... somos as de sempre. - Novas e ti…
  continue reading
 
Derradeiro programa desta tempada. Finalizamos o asunto. A calor pode con nós e as vacacións están petando na porta. Volveremos, como sempre facemos. En setembro. Novas da semana O cuarto do Moguri :: Alquilas en liña, non compras A que estamos a xogar? Polo si ou polo non Graciñas por estar aí xente. Querémosvos.…
  continue reading
 
Chegamos ao cambio de decena, corenta programas nesta tempada, nada máis e nada menos. Entramos na recta final con todo, pero sen todos... nesta ocasión só Charlie e Juan lograron chegar a tempo para coller os micros, pero manteñen a súa idea de contar o acontecido na industria do videoxogo. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O cuarto …
  continue reading
 
Empezamos o mes de xullo, empezamos a ver o final de tempada, quedan dous programiñas para o descanso... aínda que non desapareceremos. Sempre hai algo que contar. Novas da semana O Cuarto do Moguri :: Juan proba o novo PS Plus A que estamos a xogar? - Polo si ou poloo non :: Elvis (segue no edificio)…
  continue reading
 
Imos ir rematando o mes de xuño, albiscando as vacacións e mesmo pensando en rematar a tempada, a cuarta, nada menos. Imos chegar, polo menos, até os 40, e logo... igual hai que volver as pozas de Barosa para descansar. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Rebaixas e ofertas en Steam A que estamos a xogar? Polo si o…
  continue reading
 
Volvemos, comezando a albiscar o final do mes de xuño e, polo tanto, acabamos co ecuador deste 2022... what a year, uh? Traemos a actividade e as novidades destes últimos días, máis, como non podia ser doutro xeito, centrada no non E3. Novas da semana O discord Opina O cuarto do Moguri A que estamos a xogar? Polo si ou polo non…
  continue reading
 
Loading …

Guia de referencia rapida