Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 350.11: Brais Vila; Bea, a de Estrella; Séchu Sende
1:00:00
1:00:00
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:00
Brais Vila fíxonos de cronista especial dunha expedición educativa pola Terra Chá. O grupo de Burela estivo primeiro no castro de Viladonga e despois desprazouse á lagoa de Cospeito, antes de gozar dun momento de lecer na área recreativa da Madalena, en Vilalba. A seguir conversamos con Bea, a de Estrella, que acaba de editar o seu primeiro disco. …
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 349.11: Yorel Ladra (aVozdasLetras); Branca Trigo; Adrián Maceda; Antonio Reigosa
1:00:00
1:00:00
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:00
Unha conversa con Yorel Ladra Ballesteros, da Voz das Letras2022, presentounos a iniciativa de traballo colaborativo para tributar homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Despois dunha magnífica mostra de aprendizaxe-servizo, entramos nunha serie de contidos dedicados ao encontro Mondoñedo é poesía e ao certame Díaz Jácome. Atenderon a nosa chamada…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 348.11:Día do libro; Fran Bouso (Mondoñedo é!); Erín Agustí; Xulio Pardo de Neira
1:01:01
1:01:01
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:01:01
Celebramos o Día do Libro cunha colaboración que nos chegou desde o Colexio dos Castros, en Burela. Inmediatamente despois, viaxamos á capital da Mariña para coñecermos o programa da xornada Mondoñedo é Poesía. Fran Bouso encargouse de facer un percorrido por esta iniciativa de dinamización cultural e convidounos a asistir á presente edición a cele…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 347.11: Juan Farroñán Villalba; Lucía Gómez Álvarez; Santiago Raimundi; Borxa Freiría; Arián Quinteiro
57:10
Abrimos a celebración das Letras Galegas na honra de Florencio Delgado Gurriarán. Neste programa participan os estudantes Juan Farroñán Villalba e Yorel Ladra Ballesteros; a profesora Lucía Gómez Álvarez, autora de Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo (Ed. Galaxia); e tres representantes de Kaito Studio, a produtora audiovisual que…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 346.11: Marcos Abalde e Belén Roca Fortúnez (IES Concepción Arenal); María Álvares Rei (Novas da Galiza)
1:02:29
1:02:29
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:02:29
Se na semana pasada facíamos homenaxe á pedagoga Antía Cal e a intervención educativa Ponte nas Ondas, nesta semana retomamos a información sobre o Desafío Galego, organizado no Instituto Concepción Arenal (Ferrol). Xunto coas entrevistas a Marcos Abalde e Belén Roca Fortúnez, docentes, tamén conversamos coa xornalista María Álvares Rei, do Novas d…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 34R5.11: Carla Trillo; María Barcala; Rubén Figueroa
1:00:08
1:00:08
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:08
Inicialmente, conversamos coa atleta Carla Trillo, unha brillante referencia do deporte na Mariña. Coñecemos a súa evolución, o sistema de preparación e incluso falamos de dietas e de deporte escolar. María Barcala convidounos a revisitar vida e obra poética de Rosalía de Castro, a través do espectáculo Libre como os paxaros. Pola súa parte, Rubén …
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 344.11: Luis ; Lin Vizoso; Noé F. Quelle
1:00:47
1:00:47
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:47
Luis Ríos é un estudante de Formación Profesional. Agora mesmo está próximo a finalizar o Ciclo de Xestión Administrativa e disponse a realizar a Formación en Centros de Traballo en Potenza (Italia) grazas ao programa Erasmus. Nós conversamos con el. Lin Vizoso estuda Bacharelato. A súa excelente nota media permítelle ser aspirante a unha Beca Euro…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 343.11:Emilio Insua; Especial #DesafíoGalego
1:02:52
1:02:52
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:02:52
O profesor Emilio Insua avanzounos os contidos do seu novo libro de ensaio, dedicado ao poeta viveirés Luís Sipos Magniac (1845-1879) e anunciounos a presentación a celebrar en Viveiro ás 8 da tarde do día 19 de marzo. O contido central deste episodio está dedicado á intervención educativa DesafioGalego, realizada na cidade de Ferrol pola comunidad…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 342.11: Óscar Pérez Moronta; Iago Alcántara; Gala Dacosta Diehl
1:00:55
1:00:55
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:55
Comezamos cunha colaboración do alumnado da materia de Valores Éticos. Un traballo que nos envía o profesor Fernando Losada. Inmediatamente despois coñecemos a traxectoria de Óscar Pérez Moronta, alumno de 1º de bacharelato, un auténtico modelo de uso lingüístico aglutinante. Xusto despois de conversarmos con Óscar Pérez, viaxamos a Santiago de Com…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 341.11: Antón Expósito Campo; Paula Alonso (CUAC); Cultura Científica; Paulo G. Ogand
1:00:02
1:00:02
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:02
Antón Expósito Campo, estudante no IES Perdouro, falounos sobre a súa práctica do baloncesto nos equipos de San Cibrao, Viveiro e Lugo; sobre o estudos de frauta e piano na Escola de Música de Burela; e sobre a súa participación no certame Bolsas Europa. Paula Alonso, de CUAC FM, presentounos Nada que ver, un audiovisual que recolle os 25 anos de f…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 340.11: Laura Rodríguez; Diego de Braelle; Diego González Peña
1:01:15
1:01:15
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:01:15
Laura Rodríguez, alumna do primeiro curso de bacharelato, é unha das máis de 3.000 aspirantes a conseguir unha das 50 bolsas Europa para visitar durante 20 días diversas universidades do continente europeo. Nós falamos con ela. Na segunda entrevista coñecemos a música do cantautor Diego de Braelle, que acaba de anunciar a inminente aparición do seu…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 339.11: Xoán Manuel Bastida
1:04:11
1:04:11
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:04:11
O Doutor Xoán Manuel Bastida acompañounos no estudio para participar nunha entrevista realizada por Nuria Ramos Cuba, Noé Fernández Quelle e Cristian Gómez Mesa. Co Dr. Bastida falamos da súa experiencia no estaleiro de Astano, na ría de Ferrol, dos estudos de Medicina na USC e do exercicio profesional como médico.…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 338.11: Cultura Científica; Christian Diz (Trasdovento); Uxía C. Souto (IES Bergidum); Arantxa García
1:02:49
1:02:49
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:02:49
O Grupo de Cultura Científica do IES Perdouro levounos de viaxe educativa polo Universo. Con ese dinamismo como base, chegamos a Oímbra para falarmos con Christian Diz, da Adega Trasdovento, que produce un viño de nome moi amoroso: Quérote! A reciprocidade do amor pola nosa cultura abriunos as portas a coñecer unha estudante do Instituto Bergidum F…
P
Podcast de Proxecto Neo


Esté o programa dos Tempos Novos. Dedicámosllo á revista que leva este título con motivo dos seus primeiros 25 anos cumprindo mes a mes coa súa presenza nos quiosques e nas caixas de correos. O primeiro convidado é o profesor Francisco M. Hidalgo, que nos comenta os contidos deste número e que nos dá a súa opinión sobre a nova liña gráfica da publi…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 336.11: Cristian Gómez Mesa; Lupe Blanco
1:01:50
1:01:50
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:01:50
Nos primeiros minutos do programa repuxemos a música da serie de animación Doraemon. Co gato cósmico como punto de partida, falamos dos Pitufos, dos Picapedra... e mesmo de Shin Chan. A seguinte conversa tivo como protagonista o regueifeiro Cristian Gómez Mesa, que participou recentemente no Certame Galego de Regueifa. A última das entrevistas foi …
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 335.11: Pablo Carral (Zintzilik Irratia); Isabel García Millán (Escola Unitaria de Ombre)
1:00:18
1:00:18
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:00:18
Pablo Carral, orixinario de Burela, presentounos o programa Likor Kafé emitido ás ondas a través de Zintzilik Irratia da localidade de Renteria, no País Vasco. Pola súa parte, a mestra Isabel García Millán falounos da comunidade educativa da escola unitaria da parroquia de Ombre, en Pontedeume.
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 334.11: Serxio G. Couto (Dambara); Aleixo F. Maseda; Lois Pérez; María Barcala
1:03:44
1:03:44
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:03:44
Serxio Gómez Couto presentounos o programa de actividades musicais da Asociación Dambara, a celebrar entre os días 18 de decembro de 2021 e 4 de xaneiro de 2022. Neste mesmo programa, comezou a andadura radiofónica Aleixo F. Maseda, que nos interpretou un fragmento do Misterio do Torque de Burela, obra narrativa de Antía Yáñez. Lois Pérez, da Asoci…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 333.11: Odilo González (Asoc. José Afonso); Quique Roxíos (Asoc. Axuntar); Nemesio Barxa
1:02:18
1:02:18
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:02:18
Odilo González presentounos a Assoc. José Afonso (AJA) e o seu programa de actividades recentemente celebrado nas cidades de Vigo, Vilagarcía, Ferrol, Coruña e Santiago. Con Quique Roxíos comentamos a audición dunha entrevista feita pola Cadena Ser-Occidente de Asturias a Natalia Jardón, lingüista, que falaba en representación da Asociación Axuntar…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 332.11: Tempos Novos; Serxio Gómez Couto (Asoc. Dambara); Begoña Martín Acero (Asoc. Axuntar)
1:02:25
1:02:25
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:02:25
Comezamos o programa 332 coa presentación dos contidos da revista Tempos Novos (a nova lei do audiovisual; a tarifa eléctrica...). Foi unha colaboración do profesor Francisco M. Hidalgo. Inmediatamente despois, tivemos unha nova presentación. Neste caso, coñecemos por dentro a Asociación Musical Dambara, a través das palabras dun dos seus integrant…
P
Podcast de Proxecto Neo


1
Proxecto Neo, 331.11: Brais Vila (IADOVI C. T.); ÍKER TRILLO (CB Burela); Adela Figueroa (escritora)
1:02:23
1:02:23
Reproducir más Tarde
Reproducir más Tarde
Listas
Me gusta
Me gusta
1:02:23
Brais Vila presentounos o programa de actividades do Clube de Tiro Iadovi, con sede en Cangas de Foz. Íker Trillo Souto falou-nos da súa participación no Clube Baloncesto Burela. A súa traxectoria deportiva levouno a ser chamado a participar no Breogán C.B. e nas seleccións galega e española desta modalidade deportiva. A escritora Adela Figueroa pr…