Radio Burela público
[search 0]
Más

Download the App!

show episodes
 
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
 
Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce ...
 
Loading …
show series
 
A Sementeira, de Luís Álvarez Pousa e Fuxan os Ventos, foi a peza coa que abrimos o Deixe Falar desta semana. Con esa canción quixemos tributar homenaxe ao célebre grupo que foi distinguido co Premio de Honra dos Martín Codax de 2022 e prestar atención a esta iniciativa de divulgación da música galega. A nós os Martin Codax servíronnos para coñecer…
 
A segunda promoción do CUALE -para a obtención do título internacional B1- xa está en camiño. No acto de inauguración participou Xoán Moreda Pinto, profesor de Filosofía, que o curso pasado realizou estudos de Lingua Portuguesa na Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Foi precisamente o profesor Moreda Pinto o protagonista da nosa primeira entrevista.…
 
Neste Deixe Falar temos o privilégio da conversa cun dos nosos mestres inspiradores: Pepe Cunha (Ferrol, 1972). A entrevista está inserida nun programa especial dedicado ás músicas finalistas do Martín Codax e foi realizada no mesmo día en que finalizaba en Santiago de Compostela unha nova edición dos Cantos na Maré. Por todo isto, consideramos que…
 
Abrimos o programa coa intervención do profesor Fernando Losada, autor dunha peza sonora sobre erros ortográficos comúns en letreiros urbanos protagonizada por un grupo de estudantes e a súa profesora de Lingua e Literatura. A seguir, o noso contertulio presentounos a súa colaboración para o curso 22-23: un espazo de animación á lectura. O contido …
 
Neste programa 289 temos músicas de diferentes artistas dos países de raiz galega. Abrimos con Salvador Sobral e continuamos con Mileth -os convidados da semana pasada-. Inmediatamente a seguir ofrecemos as mellores músicas da Filomena Maricoa, Guadi Galego, Barro, Tanxugueiras, Ana Moura, Calema, Vai de Rosa, Soraia Tavares, Gabi Buarque, Nao, Mar…
 
No comezo do curso académico 2022-23 chegamos ás 357 semanas en antena. Nuria Ramos e Cristian Gómez redactaron e ocupáronse da realización dun programa monográfico ao profesor Bernardo Penabade. Entre outras persoas, interviron Manolo Maseda, Sechu Sende, Maribel Crecente, Aitor López Anello, Xián Liñares, etc.…
 
Mileth fai música de fusión entre o black metal e o folk. En 2012 publicaron a maqueta titulada Cancioneiro da Enxebre Escuridade e en 2014 o sinxelo ...e na Novena Onda caeron os Deuses, coa colaboración do gaiteiro Xurxo Fernández e da banda romanesa Negură Bunget. Outros dous anos máis tarde, en 2016, apareceu Recolleita dos Demos que han de ser…
 
Soubemos deles a través da súa participacion do Festival da Trastenda na Póvoa do Caramiñal e non perdemos o tempo na súa procura. Son The Rapants, de Muros, e forman unha banda de música de música indie e garage. Desde 2018 están no panorama musical galego e agora mesmo chegan ao momento de máximo esplendor. Xanma, un dos seus integrantes, present…
 
A protagonista do Deixe falar, Leticia Rei, recuperaba nestes días un texto publicado nas redes sociais hai agora un ano. Falábanos dunha illa máxica, con ambiente maravilloso. Naquela illa, cantou o seu Campus Stellae, nun escenario situado nun paseo entre os buxos. Era o privilexiado marco do Sinsal. Con Leticia Rei falamos do concurso de Estudio…
 
En conversa con Roberto Santamarina, que nos falou en representación da organización do Festival de Pardiñas, fixemos un repaso do programa desta cuadraxésimo terceira edición, que xa está ás portas. Por iniciativa da Asociación Cultural Xermolos das Terras de Guitiriz, a Feira Festa da Música e das Artes é un auténtico modelo de actividade ao serv…
 
Chega a cuarta edición do Festival da Trastenda. A cita está axendada para o dia 29 de xullo, a partir das 9 da tarde-noite. O punto de encontro será na Póvoa do Caramiñal, á beira do Atlántico Galego. Estes son os catro Concertos programados: o primeiro, da banda Noxo (da Estrada); o segundo, o da banda local (Barbansónicos); o terceiro, o de Los …
 
Alexandre Grande Babarro apreséntanos o Festival Eco-Familiar de Reque, un lugar situado á beira do Río Rato, na cidade de Lugo: "Unha xornada cultural, festiva e ecolóxica no entorno con propostas para todas as idades, baseadas no lecer, a arte-creación e a aprendizaxe vivencial baixo un espírito de sustentabilidade, alegría e paz".…
 
Uma das grandes citas musicais a celebrar no ámbito territorial da Gallaecia é O CASTRO GALAICO. Festival de Nogueiró. Já às portas, o programa festivo começará no próximo dia 14 e prolongar-se-á durante três dias, até 16 de julho. Abrem esta décimo segunda edição, os anfitriões do Canto D`Aqui, Sérgio Mirra e o Augusto Canário. Isso no dia 14, qui…
 
Informático e Economista, Jorge Mendes nasceu numa freguesia de Guimarães, estudou na Escola Superior de Tecnologia e Gestão de Viana do Castelo e agora trabalha no ámbito da banca. Por um feliz acaso, na Feira do Livro da Corunha reparou num livro especial do Marco Neves publicado pela Através: O galego e o português são a mesma língua? Essa obra …
 
Neste novo programa Só Música abrimos com a Bárbara Tinoco e continuamos com o Fran Amil. Depois chegam as melhores estrelas de todos os países em que se fala o nosso idioma. Do Brasil temos a Academia da Berlinda. De Cabo Verde, a Élida Almeida. Da comarca berciana temos novamente o Luís Ainda... Não nos esquecemos da emigração, em cuja representa…
 
O xornalista Miguel Sande, delegado da Voz de Galicia na Mariña, atendeu a nosa chamada e falou con Nuria Ramos Cuba sobre a súa obra de creación literaria. Aproveitamos para facer a presentación dun libro de recente publicación: O Negociador. Con Amancio Liñares aproveitamos para evocar a figura de Avelino Pousa Antelo, xusto no momento en que se …
 
Aproximar os clásicos da lírica galega de todos os tempos á sensibilidade do século XXI: esa é a meta. En palabras do artista, Popsía son "rimas de sempre a ritmos actuais (rock, pop, soul, etc.); poemas convertidos en cancións bailábeis. Unha descarga de mestizaxe que afonda na realidade de que a música non coñece fronteiras, nin temporais nin esp…
 
No programa 351 contamos coa participación de Samuel Silva, xornalista do Público. Falounos da súa experiencia formativa no Centro de EStudos Galegos da Universidade do Minho, baixo a dirección educativa do profesor Alberto PAz Félix. Co estudante Ramón REal falamos da Feira da Ciencia organizada polo Instituto PErdouro. Nos minutos finais acompaño…
 
Esta é unha edición que contén só música. Neste caso non incluímos a sección Deixe falar. Poñemos ao dispor da audiencia un programa para momentos en que nos deixamos levar só polo ritmo da música, sen a obriga de atender á conversa. Como sempre, a selección contempla músicas cantadas no nosso idioma, por artistas da Galiza e Portugal e de todos os…
 
Abrimos o programa cunha conversa co xornalista Miguel González Somovilla, que nos próximos días 1 e 2 de xullo estará en Mondoñedo para participar no IIº Encontro Cunqueiro. O berciano de Bembibre, Umberto Corral, adiantounos os contidos de Fálame Sempre, un filme do xénero documentario que describe en panorámica a situación da lingua galega naque…
 
A presente edición do Festival Aturuxo, de Bravos (Ourol), está na axenda: será os días 29 e 30 de xullo. Na primeira xornada estarán No Cómbaro e os Festicultores. Na segunda, pola mañá, Peter Punk; a sesión vermú amenizada polo Pulpiño Viascón; e á noite A Banda da Loba, Pesdelán, Machina e Rebeliom do Inframundo. En representación da organizació…
 
Este é o programa das celebracións. Martín Lestao, da Asociación Burela Floral, convidounos a participar nos traballos de preparación da grande alfombra conmemorativa das festas patronais da localidade. Despois falounos dos vínculos entre as localidades galegas que manteñen esta tradición: Perbes, Ares, Ames, Ponteareas...…
 
A Ukestra do Medio apresentou o seu terceiro disco. O ‘Histórias cativas’ está desde agora mesmo em todas as plataformas digitais e também em pre-venda no formato CD. Alberte Leis é o protagonista desta nova entrega do Grandes Vozes. Com ele falamos das oito faixas -seis delas com temas originais- e dos sinais de identidade da banda: a heterogeneid…
 
Abrimos o programa coa interpretación da cantiga titulada Ondas do Mar de Vigo por alumnos e alumnas de 4º de ESO, dirixidos pola profesora Patricia Inés Fernández Salas. Pola súa parte, a profesora Carme Sampedro Miranda presentounos un Plan Proxecta realizado no Instituto Perdouro. Trátase do 365 días pola Igualdade. Íker Trillo e Alberto Méndez,…
 
Dicíamos na cabeceira do programa que somos terra de contrastes, porque por un lado temos umha lingua mundial; e por outro permitimos que no seu propio lugar de orixe viva unha situación de minorización. Diso falamos na nosa conversa con Carolina Rubirosa, a artista que representou a Galiza con moito éxito na presente edición do LIET, o festival da…
 
O Profesor Fernando Losada visitounos no estudio de Radio Burela para facer memoria das colaboracións que nos enviou durante este curso académico. Na segunda parte, o diálogo intercultural tivo como protagonistas as estudantes Leidy Diana Pillaca, con raíces familiares no Perú, e Imane Oubella, orixinaria de Marrocos. Na terceira parte, Claudia Rom…
 
Programa especial que reúne as mellores voces da música dos países de raíz galega. Comezamos coas Tanxugueiras e continuamos con Filipa Pais, Guadi Galego, Sés, Mariza, Uxía Senlle e Calema. Non perdemos a oportunidade de recuperar unha peza de Bea, a de Estrella, con quen conversamos na semana pasada no Deixe Falar.…
 
Brais Vila fíxonos de cronista especial dunha expedición educativa pola Terra Chá. O grupo de Burela estivo primeiro no castro de Viladonga e despois desprazouse á lagoa de Cospeito, antes de gozar dun momento de lecer na área recreativa da Madalena, en Vilalba. A seguir conversamos con Bea, a de Estrella, que acaba de editar o seu primeiro disco. …
 
Bea -a de Estrella- di que se dedica á música desde a infancia, que desde pequena toca a guitarra e que colaborou facendo coros en gravacións de discos e tamén ao vivo en concertos. Tamén di que os sentimentos, as emocións, as letras e as músicas decidiron saír e que por iso se meteu nun estudio de gravación para que Mareira acabase saíndo ao exter…
 
Unha conversa con Yorel Ladra Ballesteros, da Voz das Letras2022, presentounos a iniciativa de traballo colaborativo para tributar homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Despois dunha magnífica mostra de aprendizaxe-servizo, entramos nunha serie de contidos dedicados ao encontro Mondoñedo é poesía e ao certame Díaz Jácome. Atenderon a nosa chamada…
 
Non teñen problemas de corazón. Podemos estar tranquilos. Os problemas co ritmo musical tíñanos en 2006 cando eran estudantes no Instituto lugués da Piringalla. Polo que se ve, corrixíronos rapidamente: os éxitos non tardaron en chegarlles. En 2011 a banda tivo unha metamorfose e nestes once anos mantívose con estabilidade. Con Alberto Busto -que f…
 
Loading …

Guia de referencia rapida

Google login Twitter login Classic login